Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Virxilio inédito', no centenario do seu nacemento
    Conversamos con Gabriela Fernández, comisaria da exposición 'Virxilio inédito (1925-2025)' e filla do pintor ourensán, finado en 2011.
    Coincidindo co centenario do nacemento de Virxilio, un dos integrantes do grupo de artistas plásticos que Vicente Risco bautizou nos anos 60 como 'Os artistiñas', a mostra recupera un cento de obras non expostas anteriormente, de óleos en acrílicos a debuxos, apuntamentos e carteis. A exposición pode visitarse ata o 11 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
    16 min
  • A Xeración Doente
    Con Raquel C. Pico pescudamos na chamada ‘Xeración doente’, integrada por Jenaro Carrero, Ovidio Murguía, Ramón Parada e Xaquín Vaamonde. Catro pintores galegos que morreron de tuberculose cando rondaban os 30 anos arredor de 1900.
    11 min
  • 'Poscoito'
    “Trata sen tabús un tema universal”
    Xa está en AGalega.gal  ‘Poscoito’, unha webserie premiada nos Mestre Mateo que explora o que pasa despois do sexo. O director, Héctor Rodríguez e Isabel Garrido, unha das actrices, concordan en que máis alá do corporal o que buscan é afondar nas emocións.
    15 min
  • A crónica deportiva 19-03-2025
    Damián Rodríguez aconsella a Fer López para o Fortuna -CD Lugo.
    O ponteareán repasa a actualidade celeste.
    Citas destacadas na 2ª rfef, Pontevedra CF - Numancia e SD Compostela - Fabril.
    No Dépor, Rafa Obrador sofre unha escordadura no xeonllo. Varias semanas de baixa. 
    No Rácing, Fran Manzanara disposto a continuar o ano vindeiro
    30 min
  • Diario cultural 19-03-2025
    No centenario do nacemento de Virxilio, unha exposición reúne obra inédita do pintor ourensán no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
    Con Manel Cráneo conversamos con Alejandro Casasola, presidente da Sectorial do Cómic, impulsora da celebración do Día do Cómic e do Tebeo.
    31 min
  • Diario cultural 19-03-2025
    Xa está en AGalega.gal  ‘Poscoito’, unha webserie premiada nos Mestre Mateo que explora o que pasa despois do sexo. O director, Héctor Rodríguez e Isabel Garrido, unha das actrices, concordan en que máis alá do corporal o que buscan é afondar nas emocións.
    Con Raquel C. Pico pescudamos na chamada ‘Xeración doente’
    31 min
  • 'A hierro', de Irene Grau
    Coñecemos a última mostra de Irene Grau en conversa coa artista e con Mónica Maneiro. 'A hierro' reúne pinturas cuxo proceso de creación ten que ver
    coa reflexión sobre a intervención humana nas paisaxes e o impacto ambiental da minería extractiva nos ríos. A exposición pode visitarse na galería Vilaseco da Coruña ata o 16 de maio.
    10 min
  • Xabier Deive, Premio de Honra Marisa Soto
    A Asociación de Actores e Actrices de Galicia concédelle o premio de honra Marisa Soto a Xabier Deive, actor en múltiples producións audiovisuais e tamén no teatro.
    Recordamos o intérprete naronés coa súa filla, Irea Deive, e os intérpretes e amigos Ricardo de Barreiro e Paula Morado
    17 min
  • 'El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental'
    “Os akan identificaban o ouro co sol”
     Na Coruña pode visitarse ata xullo a exposición “El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental.” 
    Hai máis de 300 pezas orixinarias de Ghana  e  Costa de Marfil, propiedade dun coleccionista austríaco.
    Guíanos pola mostra o responsable de cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez.
    13 min
  • 'Poemas realistas'
    Dolores Vilavedra comenta "Poemas realistas" de Daniel Salgado, unha obra comprometida, de carácter fondamente social, que propón unha nova idea da beleza e a desolación.
    12 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades