Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 04-04-2025
    Falamos con tres dos gañadores dos premios María Casares: Xabier Castiñeira (director), Esther Carrodeguas (texto orixinal) e Anxo Outumuro ( actor protagonista). Todos por 'Iribarne', de ButacaZero, que se alzou cun total de nove galardóns.
    E co noso experto en artes escénicas, Afonso Becerra, afondamos na gran festa do teatro galego
    31 min
  • Lenny Kravitz
    Tito Lesende repasa a obra de Lenny Kravitz, que actuará o vindeiro día 10 no Coliseum da Coruña.
    14 min
  • ‘A cidade das artes’
    O Kiosco Afonso acolle ata o 27 de abril a mostra ‘A cidade das artes’, coa que se conmemora o 175º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes. Confórmana máis de 150 pezas, entre materiais artísticos e históricos, documentos e obras de membros da Real Academia e estudosos das artes do noso país Vituco Neira conversou co académico Fernando Agrasar, comisario da exposición.
    15 min
  • 'Sorda' e 'La huella del mal'
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana:
    *’Sorda’, de Eva Libertad. Drama intimista arredor da xordeira
    *’La huella del mal’, de Manuel Ríos Sanmartín. Baseada na súa novela homónima, é un policial que transcorre en Atapuerca
    12 min
  • 'Botando leña'
    “Mover os pés é mover a conciencia”
     Botando Leña. Lamatumbá
    Conversamos con Toño Iglesias e Sergio Zearreta, de Lamatumbá, que estrea nova imaxe, novos temas e nova identidade gráfica, deseñada pola artista Noa Fernández.
    A formación ourensá abre unha nova etapa coa intención de seguir sendo referencia no panorama musical do noso país.
    Arrancan xira mañá venres na sala Rebullón, en Mos.
    17 min
  • A crónica deportiva 03-04-2025
    Luis Casimiro renova para a temporada vindeira co Breogán.
    O Uni Ferrol cae 84-70 na final da Euro Cup feminina.
    David Mella volve adestrar co Dépor tras recuperarse dos golpes do derbi na Malata.
    O Liceo xógase en Barcelos entrar na final a catro da liga de campións.
    30 min
  • Diario cultural 03-04-2025
    O Kiosco Afonso acolle ata o 27 de abril a mostra ‘A cidade das artes’, coa que se conmemora o 175º aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes
    Tito Lesende repasa a obra de Lenny Kravitz
    33 min
  • Diario cultural 03-04-2025
    ' Botando Leña' con Lamatumbá
    Conversamos con Toño Iglesias e Sergio Zearreta, de Lamatumbá, que estrea nova imaxe, novos temas e nova identidade gráfica, deseñada pola artista Noa Fernández.
    Moncho Lemos recomenda dúas estreas para a fin de semana
    30 min
  • Isaac Díaz Pardo, BD de cego
    Manel Cráneo descóbrenos a conexión de Díaz Pardo co cómic
    Isaac Díaz Pardo elaborou nos anos 70 'carteis de cego' que supoñen un precedente do uso da linguaxe da BD en galego. Paco Pixiñas e A nave espacial poden considerarse exemplos de 'protohistorietas', malia a desconfianza coa que Díaz Pardo vía o cómic.
    11 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades