Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • XIV GUIdance
    Afonso Becerra comenta a  14ª edición do GUIdance, o Festival Internacional de Danza Contemporánea de Guimarães, que abriu cun espectáculo de flamenco simbolista de Rocío Molina sobre a “outredade”.
    31 min
  • A danza dos medos
    “Son títeres de animación á vista cos que rompemos a cuarta parede”
    Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes, presenta este sábado no Auditorio de Galicia 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques codirixido por Manuel Mansilla e Jorge Rey. Conversamos con este último e co colombiano Héctor Loboguerrero, asistente de dirección e responsable de luces na montaxe.
    15 min
  • A crónica deportiva 14-02-2025
    Última hora do Mirandés-Racing con Raúl Villares.
    Previa do Atlético de Madrid-RC Celta, con Víctor López, e as declaracións de Claudio Giráldez e Simeone.
    No Deportivo, Gilsanz non sae do discurso do día a día.
    No Pontevedra, Iago Iglesias despexa dúbidas coa lesión de Dalisson.
    30 min
  • Diario cultural 14-02-2025
    Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes, presenta este sábado no Auditorio de Galicia 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques codirixido por Manuel Mansilla e Jorge Rey. Conversamos con este último e co colombiano Héctor Loboguerrero, asistente de dirección e responsable de luces.
    Afonso Becerra comenta a  14ª edición do GUIdance
    31 min
  • De Amoebo a Tanxugueiras
    Tito Lesende pica novas cancións de Amoebo, Agoraphobia, Gala i Ovidio e Guadi Galego & Tanxugueiras
    Catro novísimas cancións galegas no repertorio semanal de Tito Lesende. Escoitamos 'Unha foto', último adianto do próximo disco de Amoebo, a recentísima estrea
    de 'Eyes never lie', de Agoraphobia, a estrea do proxecto Gala i Ovidio, de Aida Tarrío e Raül Refree e mais 'Inconformismo', a colaboración de Guadi Galego e Tanxugueiras.
    11 min
  • Resaca Emocional estrea 'De amor' en San Valentín
    Berto Mira e Ash Diz preséntannos o primeiro disco de Resaca Emocional, un colectivo de nove persoas que se encargan de diferentes aspectos creativos.
    'De amor' é un disco que explora diferentes formas do amor desde a vulnerabilidade e a intimidade e publícase este 14 de febreiro, día de San Valentín.
    17 min
  • "Bridget Jones: loca por él" e "Vermiglio"
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana:
    - “Bridget Jones: loca por el”, de Michael Morris. Cuarta entrega da comedia romántica protagonizada por Renée Zellweger .
    - ”Ventimiglio”, de Maura Delpero. Drama de época ambientado nunha aldea de montaña dos Alpes italianos a finais da Segunda Guerra Mundial.
    12 min
  • 'Daydreaming', de María López
    "Gustaríame poder dedicarme á música pero estudo unha enxeñería porque vivir da arte é moi difícil”
    A naronesa María López preséntanos o seu álbum debut, Daydreaming, que se publica mañá.
    Multiinstrumentista precoz (piano, zanfona e gaita) aos 14 anos gaña a XXXIV edición do Trofeo MacCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient. Agora, con 20, di estar vivindo un soño.
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades