O grupo Luar na Lubre vai pedirlle á RAG que inclúa 'lubre' no seu Dicionario. Bieito Romero explica como escolleu o nome para a banda e Manuel González, director do Dicionario, debulla os criterios da Academia para incorporar novas palabras.
Mónica Maneiro comenta a exposición de Carlos Fernández- Pello 'Alguien nos entenderá cuando estemos muertos', na Galería Nordés,
A mostra inclúe pezas creadas polo artista canda un artesán queixeiro e tamén pinturas acrílicas a partir de follas de táboas de datos.