Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Groba, Yeol Eum Son, Cuarteto Hana
    Pablo Sánchez Quinteiro lembra a Rogelio Groba, finado hai 2 anos e homenaxeado pola Orquestra de Cámara Galega. Avanzamos ademais o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia que terá como solista a pianista surcoreana Yeol Sum Son e a actuación 
    do Cuarteto Hana na programación da Sociedade Filharmónica da Coruña.
    31 min
  • Fernando Blanco: 50 anos de arquitectura
    A Fundación Luís Seoane acolle a exposición 'Fernando Blanco. Paisaxe. Conciencia. Fábrica', que percorre as cinco décadas que o arquitecto carballiñés lle dedicou á arquitectura, pero tamén recolle algunhas das súas pinturas e esculturas.
    Conversamos co propio Fernando Blanco e mais con Luis Gil Pita, un dos responsables da publicación que completa a mostra, que pode visitarse ata o 13 de abril.
    31 min
  • Leria
    Carlos Crespo tráenos a Leria, un cuarteto de rapazas coruñesas que fan indie pop en galego.
    31 min
  • Adeus a Xosé Vizoso
    “Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso.
    O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC, e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva.
    O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica. Seus son tamén, entroutros, o cartel do Centenario do Celta de Vigo, os das festas das San Lucas ou o bonito de Burela.
    Ceramista e cartelista prolífico, era retranqueiro e xeneroso. “Case tódalas casas teñen obra del sen sabelo”. Alberto Guitián, comisario da exposición ‘O neno que debuxou un cabalo’ na Cidade da Cultura, co gallo do Día da Ilustración, este ano dedicado a Vizoso.
    31 min
  • A crónica deportiva 10-02-2025
    O efecto Balaídos. O Celta é o 4º mellor equipo da Liga como local.
    No Depor, Yeremay supera, con apoio psicolóxico, o mercado de inverno.
    Carlos Mouriz fai balance do mercado de inverno do Racing Club Ferrol: "algún xogador non quixo vir porque o pai lle dixo que aquí chove máis".
    No Pontevedra, Iago Iglesias estoura logo de algúns asubíos ó equipo.
    30 min
  • Diario cultural 10-02-2025
    Conversamos co arquitecto Fernando Blanco co gallo da exposición sobre a súa obra que acolle a Fundación Luís Seoane da Coruña. A mostra 'Fernando Blanco' inclúe proxectos arquitectónicos, pintura e escultura e compleméntase cunha publicación do mesmo título.
    Pablo Sánchez Quinteiro proponnos hoxe unha peza de Rogelio Groba, un concerto de piano de Mozart e música de cámara a cargo do Cuarteto Hana.
    31 min
  • Diario cultural 10-02-2025
    “Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso.
    O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC. e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva.
    O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica. Seus son tamén, entroutros, o cartel do Centenario do Celta de Vigo, os das festas das San Lucas ou o bonito de Burela.
    Ceramista e cartelista prolífico, era retranqueiro e xeneroso. “Case tódalas casas teñen obra del sen sabelo”. Alberto Guitián, comisario da exposición ‘O neno que debuxou un cabalo’ na Cidade da Cultura, co gallo do Día da Ilustración, este ano dedicado a Vizoso.
    Carlos Crespo tráenos a Leira, un cuarteto de rapazas coruñesas que fan indie pop en galego.
    31 min
  • Artistas e cantareiras
    Lemos con Eva Mejuto 'Galegas nas artes' e 'Canta, miña compañeira'
    Dúas lecturas que teñen que ver coa creación artística das mulleres. 'Galegas nas artes' é un percorrido polas biografías de 21 artistas plásticas e visuais, e 
    'Canta, miña compañeira' de María Lado revisa o legado das cantareiras no ano no que se lles dedica o Día das Letras
    31 min
  • 'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro
    A nova montaxe de Ibuprofeno Teatro narra a vida do pai de Santiago Cortegoso, un dos 1.600 traballadores do asteleiro Ascón que quedaron na rúa en 1984.
    Oito intérpretes dan vida aos protagonistas da historia, que inclúen políticos e celebridades da época, a través dunha charanga que lle pon banda sonora en directo.
    O espectáculo estréase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña os días 7 e 8 de febreiro. Ao longo deste mes tamén haberá funcións en Moaña, Carballo e Vilagarcía.
    A xira de 'Reconversión' pasará máis adiante por Cangas, Ourense, Lugo, Vigo e Narón entroutras localidades.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades