Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 06-02-2025
    Repasamos as candidaturas dos premios Mestre Mateo, que acaparan a serie 'Rapa' e as películas 'As Neves', 'Honeymoon' e '+Cuñados'. A gala de entrega realizarase en Lalín o 15 de marzo, e será retransmitida pola TVG.
    Tito Lesende pica novas cancións de De Ninghures e Rhome e avanza concertos en Galicia de León Benavente e Virginia Maestro.
    31 min
  • Diario cultural 06-02-2025
    Conversamos con Cibrán meléndez sobre a exposición "Gaza: o eco dos esquecidos", na que tres fotoxornalistas documentan os actos do exército israelí en Gaza. A mostra, organizada pola Fundación Araguaney, pódese visitar na igrexa da Universidade de Santiago.
    17 min
  • Diario cultural 06-02-2025
    A editorial Alauda Negra publica o fotolibro "Man". O proxecto fotográfico de Lois Cid e Toni Cortés gañou o III Premio Editorial de Fotografía Documental organizado polo festival Ffoco. Unha nova homenaxe a Manfred Gnädinger, o artista alemán afincando en Camelle, que creou a súa obra artística en harmonía co mar e a natureza.
    Moncho Lemos analiza "María Callas" e "A Rede Fantasma", as películas da semana.
    31 min
  • O Festival de Angoulême
    Manel craneo descríbenos a súa experiencia no 52º Festival de banda deseñada de Angoulême. Fálanos do que alí atopou: exposicións, espectáculos, obradoiros... e da presenza de creadores españois nunha carpa patrozinada polo Ministerio de Cultura.
    13 min
  • A crónica deportiva 05-02-2025
    No Deportivo, presentado o goleador Zakaria Eddachouri.
    No Racing, Josué Dorrio fala do gol co Levante e da situación do equipo.
    O Breo ficha ó pivot ex do Valencia Boubacar Touré.
    30 min
  • Diario cultural 05-02-2025
    Celanova acolle a estrea da montaxe teatral 'O proceso', de Malasombra Producións, escrita e dirixida por Cándido Pazó. A peza relata en ton de sainete cómico o proceso xudicial contra Curros Enríquez, tras ser denunciado por herexía polo bispo de Ourense.
    Manel Cráneo analiza a última edición do festival de BD da cidade francesa de Angoulême, que este ano tivo a España como país convidado.
    31 min
  • Diario cultural 05-02-2025
    Alfredo Sellier preséntanos a exposición "Arquitecturas que falan do seu tempo (1849-2024)", que se pode ver no Museo de Belas Artes da Coruña. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.
    16 min
  • Diario cultural 05-02-2025
    O festival "Convergencias" inclúe actuacións en Padrón, Ponteareas, A Estrada, Santiago de Compostela e Braga. Unha das citas destacadas é o tributo ao Zeca Afonso e Rosalía de Castro en Braga. Actúan por parte galega, Uxía e Amancio Prada.
    A nosa colaboradora Raquel C. Pico contounos como e cando chegou a pizza a Galicia.
    31 min
  • A historia de Galicia vista a través de "ollos de vidro"
    Mónica Maneiro lévanos á exposición "Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia", que se pode visitar no Auditorio de Galicia en Compostela. A mostra, comisariada por Germán Labrador, está composta por case trescentas pezas de diversos autores coas que se pretende ofrecer unha visión alternativa da historia e a identidade de Galicia
    7 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades