Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 03-02-2025
    Conversamos con Xosé Lois Vázquez, o comisario da exposición fotográfica "A pel. Epílogo", que se pode ver na Sala Alterarte o o Paseo da Igualkdade en Ourense. A mostra recolle imaxes de Xabier Fernández e Gabriela Rivera. Ademáis, falamos con Iván Castiñeiras de "Deuses de pedra", a película que presenta no Festival de Cine de Rotterdam.
    17 min
  • Menú do Día, do colectivo CBV
    Foi unha coprodución e estrea da Mostra de Teatro de Cangas e andou de xira dentro do ciclo “Liberdade de ser e sentir” da Deputación da Coruña.
    Trátase dunha proposta escénica inusual porque trenza varias escenas en clave de “performance”, nas que a realidade adquire unha factura plástica e poética para denunciar, de maneira clara, a falta de respecto aos dereitos humanos na nosa contorna, supostamente civilizada.
    O propio Alberte Bello, en 2021 recibiu unha malleira ao grito de “maricón”. Ese foi o xérmolo que, tempo despois, lle fixo reaccionar facendo un espectáculo contra os discursos de odio e as violencias directas sobre as persoas LGTBIQ+
    Porén, trátase dunha abordaxe na que a poesía e a contundencia das accións escénicas, se mesturan tamén con humor e tenrura, facendo que, non só desfrutemos da proposta, senón tamén que percibamos o importante que é o respecto pola diversidade e pola liberdade de ser e sentir.
    10 min
  • A crónica deportiva 31-01-2025
    O peche de mercado de inverno, cada vez máis preto, con movementos de entrada e saída nos nosos.
    Óscar Gilsanz fala do novo dianteiro Zakaria Eddahchouri e recoñece que e hai que loitar por evitar o descenso.
    Iago Iglesias valora as fichaxes de Brais Abelenda e Miguel Cuesta no Pontevedra CF.
    Thomas Heurtel seria dúbida no Basquet Coruña.
    Tonic Nakic baixa no Breogán.
    30 min
  • Diario cultural 31-01-2025
    Escoitamos a única gravación da voz de Castelao que se conserva, dixitalizada polo Consello da Cultura Galega. Falamos con París Joel da X edición do festival Sadautor.
    17 min
  • Diario cultural 31-01-2025
    Ana Romaní descúbrenos a Cruz Risco, unha das primeiras mulleres que fixo cine en Galicia, filla de Vicente Risco e autora de "Por que marchamos", unha película rodada en 1977 na que tentaba reflectir o contraste entre a vida dos emigrantes nos paises nos que traballaban e a súa forma de desenvolverse nos seus lugares de nacemento durante as vacacións veraniegas. Ana conversa con Xaime Varela, o historiador que investigou a vida e a traxectoria profesional de Cruz. Ademáis, Afonso becerra fálanos de "Menu do día", un espectáculo de Chamizo Bello Vila
    31 min
  • Diario cultural 31-01-2025
    Bea Lema, Alba Chan e Ene son tres das autoras galegas que participan no Festival de BD de Angoulême, un dos encontros de cómic máis importantes do mundo. España é o País Foco desta edición do festival francés.
    Eva Mejuto propón lecturas que recordan a barbarie dos campos de exterminio nazis, na semana do 80 aniversario da liberación de Auschwitz.
    31 min
  • "Mikaela" e "La acompañante"
    Moncho Lemos comenta dúas estreas:
    -”Mikaela”, de Daniel Calparsoro. Unha nevarada sen precedentes, unha autoestrada colapsada, un grupo de atracadores asalta un furgón blindado...e unha parella de policías. 
    “La acompañante”, de Drew Hancock,  un thriller tecnolóxico que indaga no terror das intelixencias artificiais,
    13 min
  • Ariel
    “É un proxecto que mestura teatro e natureza entre Galicia e Azores”. O director vigués Lois Patiño estrea a súa cuarta película, «Ariel», no Festival Internacional de Cine de Rotterdam. A fita está atravesada por Shakespeare e a falta de libertad e conta no reparto con Irene Escolar.
    12 min
  • A crónica deportiva 30-01-2025
    Iker Losada regresa ao Celta cedido polo Betis. 
    Joseph Aidoo, cedido ao Valladolid.
    O Deportivo regresa de Tenerife cun punto e mala imaxe.
    O Racing presenta a Naim García, extremo cedido polo Leganés.
    30 min
  • Diario Cultural 30-01-2025
    O director vigués Lois Patiño estrea a súa cuarta película, «Ariel», no Festival Internacional de Cine de Rotterdam. A fita está atravesada por Shakespeare e a falta de libertad e conta no reparto con Irene Escolar.
    Moncho Lemos comenta dúas estreas: A española 'Mikaela' e maila estadounidense 'La acompañante'
    27 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades