Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Resaca Emocional
    Carlos Crespo lévanos de ‘Resaca emocional’, co tema en primicia “Ondas sonoras de Xúpiter”.
    RSK é un colectivo conformado por artistas do mundo da música e das artes visuais, técnicos incluídos, no que a idea de comunidade é a chave do proxecto.
    13 min
  • Viaxamos á Idade Media
    Na parroquia de Santa María de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego deu cunha aldea da época altomedieval, na zona de Penedo Xudío.
    O director da escavación, Carlos Tejerizo, cóntanos que grazas ás datacións radiocarbónicas puido datarse entre os séculos VII y IX, o que aproximaría esta ocupación ao momento da existencia de Cassavio, unha ceca de época visigoda da que se sabe por unha moeda de ouro alí acuñada.
    Tamén descubriron media ducia de enterramentos situados a menos de 500 metros da zona de vivendas.
    15 min
  • Diario cultural 27-01-2025
    Na parroquia de Santa María de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego deu cunha aldea de época altomedieval, na zona de Penedo Xudío.
    O director da escavación, Carlos Tejerizo, cóntanos que grazas ás datacións radiocarbónicas puido datarse entre os séculos VII y IX, o que aproximaría esta ocupación ao momento da existencia de Cassavio, unha ceca de época visigoda da que se sabe por unha moeda de ouro alí acuñada.
    E con Carlos Crespo imos de ‘Resaca emocional’, co tema en primicia “Ondas sonoras de Xúpiter”.
    31 min
  • Runrún
    Ana Varela: "Quixen mostrar o fácil que é atravesar o espello "
    Conversamos coa autora de 'Runrún', unha novela que explora a relación entre dúas irmás, coa saúde mental como tema central e o Ferrol post-reconversión industrial como pano de fondo.
    'Runrún' está publicado pola editorial Galaxia e é finalista na categoría de narrativa nos Premios Follas do Libro Galego.
    17 min
  • Diario cultural 27-01-2025
    'Runrún' e música clásica con Pablo Sánchez Quinteiro 
    Conversamos coa escritora Ana Varela, que debuta na narrativa con 'Runrún', unha novela ambientada en Ferrol que fala de afectos e saúde mental.
    Pablo Sánchez Quinteiro destaca a presenza en Galicia de directores de orquestra como Markus Stenz, Chloé van der Soeterstède e Elim Chan.
    31 min
  • A vertente infantil de Bernardino Graña
    O compromiso do recentemente falecido Bernardino Graña coa divulgación do idioma galego levouno a escribir unha morea de obras para o público infantil. Eva Mejuto fai unha escolma para nós e comenta: "Lobísimo do saco", "Tragaxán e Tragandiño", "O quirico lambón" e "Rata Linda de Compostela"
    11 min
  • O último número de Erregueté
    Xa está dispoñible o último número de Erregueté, a Revista Galega de Teatro. O seu director, Afonso Becerra, debúllanos o seu contido, no que encontramos entrevistas a Marta Pazos, Manuel Lourenzo ou María Vázquez, reportaxes sobre a maga Aldara ou o circo de Pinocho e información sobre a ópera que se produce en Galicia.
    10 min
  • A crónica deportiva 24-01-2025
    Borja Iglesias fala do seu contrato co Betis. Ata 2026. Quere quedar no Celta.
    Óscar Gilsánz fala da marcha de Lucas Pérez, de Yeremay, da lesión de Escudero e do regreso de Diego Gómez.
    No Racing fala o capitán Álex López.
    Lesión muscular de Dalisson no Pontevedra CF.
    Thomas Heurtel non viaxa a Madrid co Basquet Coruña por molestias.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades