Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Popeye xa é "dominio público"
    Pronto veremos nos cines a película "Popeye the slayerman". Os dereitos de explotación da popular personaxe xa expiraron e iso permite que calquera creador a utilice. Manel Craneo fálanos desta cuestión legal.
    10 min
  • Diario cultural 22-01-2025
    Falamos co pintor Xoti de Luis da súa exposición "The wall", unha escolma dos seus traballos máis recentes que se pode ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.
    17 min
  • Diario cultural 22-01-2025
    Escoitamos '2', o primeiro álbum de Mocho Gris, un dúo formado polo galego Lucas de Centi e o portugués João Neves.
    Manel Cráneo fálanos de cómics que pasan ao dominio público.
    31 min
  • Diario cultural 22-01-2025
    Disque María Luisa de Borbón y Borbón-Parma, filla do rei Carlos IV é a primeira muller que compuxo música orquestral. Entrevistamos a José Luis Temes, o director que acaba de gravar coa Real Filharmonía de Galicia catro sinfonías atribuidas á infanta. A nosa colaboradora Raquel Pico fálanos do comezo do turismo en Galicia.
    31 min
  • "Melancholy Moon"
    Mónica Maneiro comenta a exposición "Melancholy Moon", da compostelá Haya Blanco na galería Metro. A mostra explora novas formas de representar e conceptualizar a contorna natural e urbana a través da pintura cunha estética infantil e evocadora.
    11 min
  • "O enxoval da noiva"
    "O enxoval da noiva", publicada en 1988, é unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes. Galaxia acaba de reeditar esta parábola sobre a fin dos tempos inspirada na voda de Lucrecia Borgia. Dolores Vilavedra fala dos novos significados que adquiriu a obra co paso dos anos.
    14 min
  • A crónica deportiva 21-01-2025
    Mbappé fala dos asubíos recibidos no Bernabéu, na Copa, co Celta: "Son normais".
    O Racing ficha ao extremo Naim García, de 22 anos, cedido polo Leganés, e ultima as negociación para fichar como adestrador a Alejandro Menéndez, ex do Celta B.
    O BM Porriño xogará os 4º da EHF European Cup co Ionias de Grecia.
    30 min
  • Diario cultural 21-01-2025
    Tras 15 anos de ausencia volve a Bienal de Arte de Pontevedra. O seu comisario, Antón Castro, fálanos da recuperación deste evento que se desenvolverá durante o verán, terá o seu epicentro no Museo de Pontevedra e estenderase a outros puntos da provincia. A nosa colaboradora Dolores Villavedra lémbranos unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes, "O enxoval da noiva"
    31 min
  • Diario cultural 21-01-2025
    Isabel Freire conversa con Toni Legido, o comisario da exposición "25 anos de felicidade colectiva" coa que a Sala Mardi Gras conmemora o seu aniversario na Casa Museo Casares Quiroga. Begoña Vázquez fala con Antón Castro, responsable da Bienal de Pontevedra.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades