Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 17-01-2025
    A compañía Nova Galega de Danza desembarca na Coruña cunha antoloxía que reúne tres das súas pezas máis recentes e celebradas: Leira, Berro e Dique. Os convites esgotáronse en só 4 horas. Falamos co director da compañía Jaime Pablo Díaz.
    Fin de semana tamén de teatro: "Guerra”, de Teatro do Noroeste estréase no Principal de Santiago e no Salón Teatro representan ata o 9 de febreiro “Nada se sabe”.
    31 min
  • Diario cultural 17-01-2025
    Vilalba acolle o I Campus da Regueifa, un encontro no que participan 25 regueifeiras e regueifeiros adolescentes de diferentes comarcas galegas.
    Eva Mejuto propón libros que falan de tobos e de cacas: 'Por tobos e tobeiras' e 'Parque de atraccións: a fábrica da caca'.
    31 min
  • Primicias
    Tito Lesende traenos en primicia "O mundo ao revés" que publican os muradáns Deleiba. Tamén escoitamos o novo ddos vigueses Sila Lúa, "Danzas de amor y veneno", e Pablo Lesuit, "Me equivoqué". Para rematar: "El cuarto dorado", de Cora Velasco.
    15 min
  • "Babygirl"
    Moncho lemos danos a súa opinión sobre "Babygirl", o thriller erótico de Halina Rejin que protagoniza Nicole Kidman e no que tamén intervén Antonio Banderas
    9 min
  • Diario cultural 16-01-2025
    Falamos de "Guerra", a última produción da lonxeva compañía Teatro do Noroeste, que afonda na crueldade das contendas, na miseria e destrucción que deixan ó seu paso. Falamos co director, Eduardo Alonso, e con Xavier Estévez, un dos actores. Presentamos a nova sección de curtametraxes galegas de Agalega.gal e Moncho Lemos fala do filme da semana "Babygirl", con Nicole Kidman como protagonista.
    31 min
  • Diario cultural 16-01-2025
    Vituco Neira descúbrenos a tradición oleira de San Xinés de Bamio conversando con Beatriz Comendador, comisaria da mostra "Louza de Bamio: memoria, mulleres e territorio", que se pode visitar no Museo do Pobo Galego. Presentamos a nova sección de curtametraxes galegas da plataforma Agalega.gal e falamos da obra de teatro inclusivo "Nada se sabe"
    17 min
  • Diario cultural 16-01-2025
    O Salón Teatro de Santiago acolle unha vintena de funcións de 'Nada se sabe', un espectáculo inclusivo no que catro intérpretes con discapacidade cuestionan a visión da sociedade sobre a diferenza.
    Tito Lesende pica novas cancións de catro artistas galegos: Deleiba, Sila Lúa, Pablo Lesuit e Cora.
    31 min
  • 60 anos de Mafalda
    En setembro Mafalda, o legado máis popular do debuxante arxentino Quino, cumpriu 60 anos. Manel Cráneo explícanos como esta persoaxe chegou a ser unha icona universal.
    10 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades