Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 13-01-2025
    Conversamos con María Xosé Porteiro sobre o seu ensaio 'As benfaladas', que rememora o longo camiño das mulleres para poder usar a súa voz no espazo público.
    Pablo Sánchez Quinteiro repasa os primeiros concertos do ano da Real Filharmonía e a Sinfónica de Galicia.
    31 min
  • Diario cultural 13-01-2025
    O pianista e compositor Abe Rábade, recén retornado dunha xira pola Arxentina, fálanos do seu último traballo temático: "Tempo de cor". O disco é unha exploración da sicoloxía da cor. O noso colaborador Carlos Crespo presenta á banda de country pontevedresa Los Tonicash.
    31 min
  • Diario cultural 13-01-2025
    Ramón Rozas fálanos das xornadas sobre Castelao que organiza o museo MARCO de Vigo co gallo dos 75 anos do pasamento do polifacético artista rianxeiro. Ademáis presentamos o disco de Abe Rábade "Tempo de cor" e o libro de María Xosé Porteiro "As ben faladas"
    17 min
  • O teatro de Ana Vallés
    Afonso Becerra tenta describirnos o traballo de creación artística de Ana Vallés, a dramaturga, actriz e poeta visual ferrolá galardonada coa Medalla de Oura das Belas Artes que outorga o Ministerio de Cultura.
    6 min
  • Diario cultural 10-01-2025
    Esta noite Luar na Lubre comeza a súa xira en Lugo, o sábado e o domingo volve Manuel Cortés coa obra “O Último Home” e moitas outras actividades para facer esta fin de semana.
    Sabemos como vén o ano 2025 no mundo literario galego e conmemoramos a figura da activista LGTBIQA+ Trini Falcés.
    17 min
  • Diario cultural 10-01-2025
    Avanzamos as novidades que preparan para 2025 as grandes editoriais galegas falando co director editorial de Galaxia, Marcos Calveiro e co director de Xerais, Fran Alonso. Para Galaxia 2025 será un ano especial porque cumpre 75 anos e prepara un programa especial de actividades. Ademáis, Ana Romaní fálanos da colección de videos que recollen o patrimonio inmaterial das cantareiras que acaba de presentar Xabier Díaz.
    31 min
  • Diario cultural 10-01-2025
    Lembramos a Trinidad Falcés, activista coruñesa finada en 2022, tras unha vida marcada pola represión da ditadura ás persoas LGBTQ+. A exposición 'Relembrando a Trini', pode visitarse na Biblioteca Durán Loriga da Coruña ata o 15 de xaneiro. Comisariouna a artista Sergio Marey, autora tamén do libro 'É mellor loitar que morrer de fame'.
    Eva Mejuto trae ao seu Faro de lecturas LIX a tradución ao galego de 'Invisible', de Eloy Moreno e mais de 'Quero escribir literatura' de Manuel Veiga Taboada.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades