Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 15-01-2025
    Falamos con Víctor Vázquez "Churre" 5 horas antes do Pontevedra CF-Getafe CF.
    No RC Celta, Claudio Giráldez recoñece que Tasos Douvikas non quixo viaxar a Madrid para Copa.
    Tampouco entran na lista Aidoo e De la Torre. Están recuperados e viaxan Marcos Alonso e Fer López.
    No RC Deportivo, Pablo Martínez "oxalá Yeremay xogue en Burgos".
    30 min
  • Diario cultural 15-01-2025
    O músico e produtor porriñés Peter Petrowski publica 'All Stars', un álbum con máis de 20 colaboracións que celebra os seus dez anos.
    Manel Cráneo convídanos a ler as viñetas de Mafalda, a nena sabia e inconformista creada por Quino en 1964.
    31 min
  • Diario cultural 15-01-2025
    Miguel Rodríguez Monteavaro é un asturiano (filósofo, escritor e músico) que acaba de gañar o premio de poesía Afundación. Converteuse así no primeiro galardoado de fóra de Galicia duns premios que van xa pola edición número 22. O seu poemario titúlase “Cortar pescado en Manila”.
    E a nosa colaboradora Raquel C. Pico ilústranos sobre a chamada ‘costa de xaneiro’. Non inventamos nada, xa falaban das penurias económicas deste mes hai máis dun século.
    31 min
  • "Brilla arenoso y dorado"
    Mónica descríbenos a exposición "Brilla arenoso y dorado" de Cristina Mejías na galería Nordés da Coruña. A artista andaluza, galardonada co premio aos novos talentos de ARCO, amosa creacións cargadas de simbolismo realizadas con materias naturais que evocan a artesanía.
    8 min
  • Diario cultural 14-01-2025
    Ana Romaní conversa con Juan Escourido (East Carolina University) para descubrinos un recurso electrónico multilingüe que ofrece unha serie de mapas nos que aparecen xeorreferenciados os santuarios citados nas denominadas cantigas de romaría. Begoña Vázquez fala con Diego As, o muralista lugués que volve optar a un galardón do Street Art Cities
    17 min
  • Diario cultural 14-01-2025
    Falamos con Diego Anido Seijas, "Diego As", autor do mural de Julio César fronte á muralla de Lugo que foi premiado polo portal Street Art Cities. Agora volve optar a ser galardonado como mellor muralista do mundo cunha obra realizada en Linares. A nosa colaboradora Dolores Vilavedra fálanos do poemario de Emma Pedreira "Pobreza de espírito"
    31 min
  • Diario cultural 14-01-2025
    A Estrada recorda a Avelina Valladares no bicentenario do nacemento da escritora. Repasamos a súa biografía e obra con Xosé Luna, que editará as súas obras completas en 2025, e con Santiago Cortegoso, que estreará en abril un musical sobre a poeta de Berres.
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Brillo arenoso y dorado' da artista andaluza Cristina Mejías, na galería Nordés da Coruña.
    31 min
  • Primeiros concertos do ano en Galicia
    Pablo Sánchez comenta os primeiros concertos do ano en Galicia: o da Real Filharmonia interpretando o "Peer Gynt" de Eduard Grieg, e o da Sinfónica de Galicia e a Orquestra Xove tocando a "Sinfonía Alpina" de Richard Strauss e o "Concerto para piano en sol maior" de Ravel.
    11 min
  • Los TóniKash
    Presentamos Los Tónikash, unha banda de Pontevedra que fai música country e canta en inglés. Escoitamos o último EP gravado por este trio formado por Toño Caballero, Javi Rodríguez e Charli Pereiro.
    11 min
  • A crónica deportiva 13-01-2025
    O Celta recupera a Mihailo Ristic para a Copa no Bernabeu. Marcos Alonso segue a ser seria dúbida.
    Preocupación no Depor polo posible pago da cláusula de Yeremay, de 20 millóns de €.
    O estadio do Couto encherase e haberá bancada supletoria para o Ourense CF - Valencia CF de 8º da Copa do Rei.
    Pablo López, adestrador do Ourense CF: "sabía que se enchería".
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades