Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 09-01-2025
    Convocatoria e última hora do RC Celta.
    Oficial. Raúl Blanco Juncal chega cedido ó Racing Club Ferrol.
    Pablo Vázquez fala do inicio da 2º volta no RC Deportivo.
    O CD Lugo presenta ó dianteiro centro arxentino Nico Reniero.
    30 min
  • Diario cultural 09-01-2025
    A Coral Polifónica de Pontevedra abre o seu centenario no concerto “Despedida do Villancico”, un concerto que se celebrará este venres na Igrexa de San Bartolomé xunto con outras tres grandes agrupacións musicais de Pontevedra. Aténdenos o presidente da sociedade coral polifónica, Carlos Valle.
    A Real Filarmónica de Galicia inicia esta noite a súa nova xira, “Inconformismo”, co Concerto de Reis no teatro Afundación de Vigo.
    Manuel Cortés volve ó espectáculo co “O Último Home”, unha obra recital chea de comedia que desafía a existencia e extinción do ser humano.
    17 min
  • Diario cultural 09-01-2025
    O actor e escritor Manuel Cortés presenta 'O último home', unha comedia poética unipersoal construída como un recital de poesía acompañado pola música da dj Russ. O espectáculo, dirixido por Borja Fernández e producido por Ainé, estréase os días 11 e 12 de xaneiro na Sala Ártika de Santiago.
    Tito Lesende reivindica as salas de concertos galegas e pon o foco no calendario da Sala Capitol de Santiago, a que máis concertos ofrece. Soa música de Ortiga, Baiuca, Loita Amada e Tarque.
    31 min
  • Diario cultural 09-01-2025
    A Real Filharmonia de Galicia principia o ano cun concerto de Reis en Vigo moi especial. A orquestra interpreta o "Peer Gynt" de Edvard Grieg coa colaboración interpretativa dos actores Tamar Novas e Inés Salvado. Falamos do espectáculo con Tamar e coa directora técnica da RFG, Sabela García. Moncho Lemos comenta duas películas españolas que se estrean: "Desmontando un elefante" e "A metade de Ana"
    31 min
  • A evolución dos xoguetes
    Raquel cóntanos como evolucionaron os xoguetes dende a prehistoria ata agora explicando cales eran os máis populares en cada época, cando comezou a industrializarse a súa produción ou cales eran os máis comúns en Galicia.
    15 min
  • Diario cultural 08-01-2025
    A escritora galega Antía Yáñez vén de publicar a súa terceira novela para adultos: “O Clan das Barbies”, unha utopía hipertecnolóxica onde as mulleres, por fin, fan uso da violencia.
    O Museo de Pontevedra vén de inaugurar a exposición “Acisclo en 66 obras”, que percorre a traxectoria creativa dun dos artistas máis relevantes da escultura galega posterior aos anos 60 do pasado século: Acisclo Manzano.
    E o CDG coproduce a obra teatral “Frágua de amor” do Ciclo Quintas do Camões, unha obra que data do século XVI. Están connosco a actriz Mónica Camaño e o músico Xurxo Varela.
    17 min
  • Diario cultural 08-01-2025
    A actriz Mónica Camaño e o músico Xurxo Varela forman parte do amplo elenco de 'Frágua de amor', unha coprodución do clásico do dramaturgo portugués Gil Vicente na que participa o Centro Dramático Galego. O Salón Teatro acolle a única función en Galicia o 10 de xaneiro.
    Manel Cráneo recorda o décimo aniversario do atentado contra a revista satírica francesa 'Charlie Hebdo'
    31 min
  • Diario cultural 08-01-2025
    Dende o 13 de decembro o Museo de Pontevedra acolle unha exposición na que se poden ver 66 obras do escultor ourensán Acisclo Manzano. Falamos coa comisaria da mostra, Beratriz de San Idelfonso. A nosa colaboradora Raquel Pico diserta sobre a evolución dos xoguetes.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades