Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • "Cousas que soan"
    A valenciá Sandra Gómez presentou dias atrás en Vigo o seu espectáculo de danza contemporanea "Cousas que soan". Afonso Becerra descríbenos esta peza que pon o foco na sonoridade da relación entre persoas e obxectos.
    12 min
  • Diario cultural 03-01-2025
    A editorial Kalandraka celebra os 25 anos da publicación dun dos seus contos de máis sona: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Falamos da xénese da historia e das razóns do seu éxito cos seus autores; Chema Heras e Kiko Da Silva. Ademáis, Pilar García Rego preséntanos o seu poemario "Desaparecer" e Afonso Becerra comenta o espectáculo "Cousas que soan"
    31 min
  • Diario cultural 03-01-2025
    Rosalía Rodríguez, da agrupación dos Chichisos, e Alba Amoedo, do Rancho de Reis das Cortellas, veñen a demostrar que esta tradición de Nadal segue viva.
    Eva Mejuto déixanos un par de recomendacións literarias por se os máis pequenos aínda queren pedir algo máis ós Reis Magos
    31 min
  • "Herexe" e "A luz que imaxinamos"
    Moncho Lemos fálanos de "Herexe", unha película de terror de Scott Beck e Bryan Woods, cunha loubada interpretación de Hugh Grant. Tamén comentamos "A luz que imaxinamos", unha produción india, premiada en Cannes, e que opta aos Glovos de Ouro.
    17 min
  • Diario cultural 02-01-2025
    Falamos con Fernando Franjo, autor do libro "Aquí viviu, Por aquí pasou", Unha ollada a Compostela, poñendo o foco en homes e mulleres insignes que viviron ou visitaron a cidade. Ademáis, Moncho Lemos traenos as estreas cinematográficas da semana.
    31 min
  • Diario cultural 02-01-2025
    Conversamos con Paula Cabaleiro e Rosario Sarmiento, comisarias de artes, para que nos recomendaran distintas actividades de ocio cultural que facer cos máis pequenos da casa.
    Tito Lesende achéganos adiantos de grupos e cantantes galegos e galegas que van sacar disco nos primeiros meses deste acabado de chegar 2025.
    31 min
  • O Lanzarote de Jesús Madriñán
    anzarote' recolle parte do traballo que o fotógrafo Jesús Madriñán realizou nesta illa canaria durante 2024. Unha mirada á identidade do lugar no que conflúen persoas migrantes e turistas, a través de imaxes e bodegóns elaborados con residuos. A mostra pode visitarse ata o 31 de xaneiro na Galería Trinta de Santiago.
    10 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades