Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Un ano de lecturas LIX
    Eva Mejuto resume o 2024 no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia. Álbums ilustrados, BD, teatro, poesía... De Manuel Rivas e Ledicia Costas ás traducións de Heartstopper, Pippi Mediaslongas ou David o gnomo
    12 min
  • 9Louro debuta con 'Nove Noves'
    O muradán Martín Louro publica o seu primeiro disco con só 20 anos. 'Nove Noves' é un percorrido por diferentes formas de expresión musical dentro do ámbito das músicas urbanas.
    17 min
  • O mellor das artes escénicas
    Afonso Becerra tráenos o balance do ano no ámbito das artes escénicas, que ten coma nome propio o de Ana Vallés, medalla de ouro ao mérito nas Belas Artes. E tamén escolle a súa obra teatral favorita deste 2024...
    15 min
  • 40 anos da OCV
    “Queremos poñer en valor o traballo desenvolvido”
    A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario sendo a decana das formacións orquestrais de Galicia. Conversamos co seu director técnico, Manuel Martínez.
    O domingo ofrecerán un concerto extraordinario de Nadal co Teatro Afundación cheo a rebentar para escoitar obras de Tchaikovsky e Rachmaninov
    9 min
  • A crónica deportiva 27-12-2024
    Fer López fala do debut co Celta e da súa lesión de nocello.
    No Racing, catro partidos de sanción a Cristóbal Parralo.
    No Básquet Coruña, Diego Epifanio explica a saída de JL Figueroa.
    No Breogán, Luís Casimiro, feliz con Dae Dae Grant.
    30 min
  • Diario cultural 27-12-2024
    A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario sendo a decana das formacións orquestrais de Galicia. Conversamos co seu director técnico, Manuel Martínez.
    O domingo ofrecerán un concerto extraordinario de Nadal no Teatro Afundación.
    Afonso Becerra repasa o máis destacado do ano no ámbito das artes escénicas
    31 min
  • Diario cultural 27-12-2024
    O artista muradán 9Louro preséntanos o seu primeiro disco, 'Nove noves'., no que explora diferentes camiños de expresión musical dentro das músicas urbanas.
    Eva Mejuto selecciona lecturas para todas as idades deste 2024: álbums ilustrados, novela, poesía, teatro, BD, traducións...
    31 min
  • 2024 en cinco cancións
    Tito Lesende escolle cinco cancións de 2024 para resumir o momento que vive a música galega. Da consagración de The Rapants ao retorno de Berto con Resaca Emocional,
    os novos discos de Baiuca e Carlangas, o renacemento da Pedreira e a estrea de Carlos Ares.
    16 min
  • 'Nosferatu' e 'Sin instrucciones'
    Moncho Lemos comenta dúas películas que xa están nos cines:
    “Sin instrucciones”. A última de Paco León, dirixida por Marina Seresesky. Un remake da cinta mexicana de 2013 'No se aceptan devoluciones', de Eugenio Derbez.
    “Nosferatu”, de Robert Eggers. Nova versión da película homónima de 1922 de F.W. Murnau, baseada na novela 'Drácula', de Bram Stoker
    12 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades