Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Os espazos téxtiles de Sara Coleman
    Falamos de arte téxtil con Sara Coleman, que explora este ámbito como artista e deseñadora e tamén como docente e investigadora. Publica o ensaio 'Espacios textiles: Habitando la interfaz', que propón unha lectura complexa da relación corpo espazo a través da interfaz téxtil.
    9 min
  • "Lampíricos"
    Dolores Vilavedra fálanos de "Lampíricos (Diarios 8)" un libro de poemas de Antón Lopo publicado en versión bilingüe traducida por Ismael Ramos pola editorial Letraversal.
    10 min
  • Diario cultural 07-01-2025
    A banda estradense Os John Deeres presenta o seu cuarto disco, 'O círculo das formigas', un disco conceptual que retrata a sociedade contemporánea a través de dúas longas cancións divididas en catro partes: 'Pulso' e 'Inercia'.
    Na sección de arte contemporánea de Mónica Maneiro, conversamos sobre arte téxtil coa artista, deseñadora e investigadora Sara Coleman pola súa publicación 'Espacios textiles_habitando la interfaz'.
    31 min
  • Diario cultural 07-01-2025
    O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, fala do acto que tivo lugar hoxe no Panteón de Galegos Ilustres para conmemorar a figura de Castelao 75 anos despois da súa morte.
    A asociación O Sorriso de Daniel vén de imprimir, un ano máis, o seu calendario do románico, onde en cada mes poderemos atopar unha imaxe do románico rural do concello de Coles.
    O grupo John Deeres vén a presentar o seu novo disco, “Círculo de Formigas”, o cuarto dende que comezaron.
    17 min
  • Diario cultural 07-01-2025
    Cúmprense 75 anos do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Cada 7 de xaneiro se lle tributa unha homenaxe da que falamos co presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas. Ademáis, Dolores Vilavedra introdúcenos no mundo poético de Antón Lopo.
    31 min
  • Machetazo e Dioivo
    Patty Castro lémbranos a traxectoria dunha banda mítica do deathgrind, os coruñeses Machetazo. Tamén falamos do poder crerativo do dúo vigués Dioivo.
    13 min
  • Diario cultural 06-01-2025
    Ana Romaní achéganos á exposición "Fío do norte" conversando co seu comisario, Juan Luis Toboso. O presidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos, fálanos da celebración dos cen anos da fundación da editorial Lar. Ademáis contabos coa colaboración da nosa especialista en "Metal" galego, Patty Castro.
    31 min
  • Libros para pedirlle aos Reis
    Moitos pais están pensando en que entre os agasallos dos Reis para os pequenos da casa haxa tamén libros. Eva Mejuto fainos varias propostas: "Nadalario", de Rena Ortega; "Soño de neve", de Eric Carle; e o calendario de Rosa de Cabanas "O mundo na cabeza".
    13 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades