Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 21-01-2025
    O Observatorio da Cultura Galega publica un informe que describe a evolución dos museos galegos nos últimos vinte anos. Conversamos co coordinador do Observatorio, Häkan Casares.
    Mónica Maneiro analiza a exposición 'Melancholy Moon', da artista Haya Blanco, que pode visitarse na Galería Metro de Santiago.
    31 min
  • Unnatural e Rottentown
    Falamos de duas bandas cun denominador común, a prenza dunha muller entre os seus compoñentes. Unha delas, Unnatural, xa está disolta. A súa baterista era a ourensá Sonia Albor. O outro grupo, Rottentown, segue dando guerra en Ferrol coa súa cantante Audrey Lutwidge.
    11 min
  • Todo el largo verano
    O grupo ferrolá de pop Todo el largo verano presenta novo disco, unha colleita de cancións dos últimos anos reunidas co título "Cabos sueltos". Carlos fala co alma mater desta formación, Alberto Amigo.
    10 min
  • A crónica deportiva 20-01-2025
    O Racing destitúe a Cristóbal Parralo. Analizámolo con Raúl Villares.
    O CD Lugo destitúe a Lolo Escobar.
    O peor Celta da temporada.
    Vitoria de mérito do Deportivo.
    O Pontevedra pensa xa no Numancia.
    30 min
  • Diario cultural 20-01-2025
    Falamos da exposición "A orixe do anime na mirada de Tadahiko Horiguchi" co seu comisario, Cibrán Meléndez. A mostra pode verse no claustro de Fonseca, en Compostela, e está organizada pola cátedra USC-Araguaney. O presidente da Fundación Araguaney, David Rodríguez explícanos os obxectivos desta colaboración.
    17 min
  • Diario cultural 20-01-2025
    Cecilia F. Santomé presenta 'As despedidas', crónica íntima dunha familia que vela o avó finado na casa.
    Patty Castro fálanos hoxe de Unnatural, pioneiros galegos do death metal e dos ferroláns Uns
    31 min
  • Diario cultural 20-01-2025
    Rendemos homenaxe a Bernardino Graña, o poeta do mar e do amor, falecido a pasada fin de semana e despedido en Cangas, a súa vila natal, cun acto laico multitudinario. Víctor Freixanes, Cesáreo Sánchez e Helena Villar axúdannos a facer unha semblanza dun escritor con obra poética, narrativa, teatral, ensaística. Ademáis, o noso colaborador Carlos Crespo trae ó grupo ferrolá de pop “Todo el largo verano”.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades