Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 30-01-2025
    Falamos coa musicóloga Laura Touriñán, autora dun libro que nos descubre a Marcial del Adalid. Laura investigou a obra do compositor coruñes do Rexurdimento e preparou para a RAG un valioso traballo que se acaba de presentar. Ademáis, Begoña Vázquez preséntanos a nova pel´ñicula de Lois Patiño, "Ariel"
    17 min
  • A banda da Loba entrégase ao 'Lovismo'
    Conversamos con Andrea e Marcela Porto, as dúas irmás que forman a sección rítmica d´A Banda da Loba. O grupo acaba de publicar o seu quinto disco, 'Lovismo', un traballo que explora o amor nas súas diferentes formas, con músicas que van do pop á bachata. 'Lovismo' preséntase en directo na sala Capitol de Santiago o 1 de febreiro.
    15 min
  • O mosaico de Panxón
    “Non hai fotografía que lle faga xustiza”.Os arqueólogos Benito Vilas e Gustavo Pascual falan así do Mosaico de Panxón, que poderá admirarse na casa consistorial de Nigrán a partir do 7 de febreiro logo dun longo periplo polo mundo.
    Trátase dunha peza arqueolóxica extraordinaria do século III, única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico.
    17 min
  • A crónica deportiva 29-01-2025
    Última hora do Tenerife - Deportivo desta noite.
    A bancada de Gol despídese no Celta - Osasuna.
    O Celta Fortuna ficha a Jaime Vázquez, cedido do Oviedo. E non é a única chegada: Jose Antonio de la Rosa, do Cádiz, moi preto.
    No Racing, Gelardo fala de Alejandro Menéndez.
    No Lugo, Ander Zoilo fala de Toni Seligrat.
    O Pontevedra ficha a Miguel Cuesta, o pichichi do Marino de Luanco.
    30 min
  • Diario cultural 29-01-2025
    A banda da Loba entrégase ao 'Lovismo'
    O quinto disco do grupo ten o amor como fío condutor. Presentarase en directo na sala Capitol de Santiago o 1 de febreiro.
    O último mércores de cada mes Manel Cráneo convida un lector de banda deseñada para que comparta coa audiencia os gustos e recomendacións comiqueiras.
    Desta volta é arqueólogo coruñés Antón Malde
    31 min
  • Diario cultural 29-01-2025
    “Non hai fotografía que lle faga xustiza”.Os arqueólogos Benito Vilas e Gustavo Pascual falan así do Mosaico de Panxón, que poderá admirarse na casa consistorial de Nigrán a partir do 7 de febreiro logo dun longo periplo polo mundo.
    Trátase dunha peza arqueolóxica extraordinaria do século III, única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalculable valor histórico.
    Raquel C. Pico dedica o seu espazo semanal a Luisa Cuesta, a primeira bibliotecaria da USC, onde tamén foi profesora e das primeiras alumnas da facultade de Dereito.
    31 min
  • Diario cultural 29-01-2025
    Vituco Neira conversa coa coordinadora da "Guía de apelidos galegos", unha ferramenta web da Real Academia Galega que recolle maís de seis mil nomes de familia do noso país. A institución presenta esta guía para facilitar o coñecemento das formas propias e a súa restitución.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades