Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Sumrrá fan 25 anos
    Conversamos co contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería LAR Legido, que forman Sumrrá co pianista Manuel Gutiérrez. Repasamos unha traxectoria de 25 anos que comezou nas jams do Dado Dadá e que hai uns meses os levou a colaborar con Niño de Elche. E escoitamos algúns dos seareiros que peregrinan cada domingo á Casa das Crechas de Santiago para vivir a experiencia de velos en directo.
    21 min
  • "A muller xeada"
    Rinoceronte Editora publica en galego "A muller xeada", libro da premio Nobel Annie Ernaux. É a terceira obra que traduce da autora francesa. Dolores Vilavedra comenta este texto, nacido da experiencia vital de Ernoux, que narra como se aprende a ser muller nunha sociedade patriarcal.
    12 min
  • A crónica deportiva 04-02-2025
    Escoitamos as explicacións de Marco Garcés no Celta e de Fernando Soriano no Depor tralo peche do mercado. Analizamos o trunfo do Racing no campo do Levante, o regreso de Heber Pena e a retirada do capitán Álex López. Comentamos o traspaso de Nico González, o fillo de Fran, do Porto ó Manchester City por 60 millóns de €.
    30 min
  • Diario cultural 04-02-2025
    Vituco Neira preséntanos o proxecto "Somos pandeireteiras" en conversa con duas das súas impulsoras: Mercedes Peon e Gisela Sanmartín. A iniciativa pretende poñer en valor ás "tocadoras" galegas difundindo o seu traballo.
    17 min
  • Diario cultural 04-02-2025
    Mar Caldas fálanos da súa exposición "Mulleres, traballo e memoria", que se pode ver ata maio no Centro Galego de Arte Contemporánea. A mostra, fundamentalmente fotográfica, denuncia a escasa ou nula consideración que as mulleres “facedoras” tiveron no pasado e acadan no presente. Aá profesora da USC, Dolores Vilavedra, comenta o libro "Amuller xeada", da Premio Nobel de Literatura, Annie Ernaux.
    31 min
  • Diario cultural 04-02-2025
    Celebramos os 25 anos de Sumrrá, o trío de jazz formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería LAR Legido. Escoitamos os integrantes do grupo e algúns dos seus seareiros e seareiras.
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Ollos de vidro' comisariada por Germán Labrador, que pode visitarse no Auditorio de Galicia de Santiago ata o 25 de maio.
    31 min
  • Mocho Gris
    É un dúo formado polo músico de Catoira Lucas de Centi (ao que coñecíamos por liderar proxectos como Néboa ou Mel ou polas súas colaboracións con Xosé Lois Romero e Alibroria) e o portugués Joao Neves, unha figura prominente do circuíto alternativo luso.
    Teñen ademais outro importante nexo común: ambos forman parte do entorno artístico de Baiuca, a quen Lucas incluso acompaña ocasionalmente en directo.
    13 min
  • A crónica deportiva 03-02-2025
    Análise da derrota do Celta en Valencia.
    O Racing xoga hoxe co Levante. O Grupo Élite, propietario do club, merca a maioría accionarial do Tondela, equipo que vai líder da 2ª portuguesa.
    O Deportivo vai fichar a Nemanja Tosic, lateral esquerdo serbio cedido do Zurich.
    O CD Lugo ficha a Pedro Pereira, defensa central cedido do Mafra, da 2ª portuguesa.
    30 min
  • Diario cultural 03-02-2025
    Conversamos con algúns dos premiados na oitava edicion de Youtubeiras+: o videopodcast Exército Mekemeke, a creadora de contido Prado Rúa, a tiktokeira Sara Seco e a revista dixital sobre cultura tradicional Rebelico.
    31 min
  • Diario cultural 03-02-2025
    Estréase no Festival Internacional de Rotterdam “Deuses de Pedra” o documental que gravou o ourensán Iván Castiñeiras ao longo de 15 anos. Comezou a filmar na Raia en 2008 e rematou en 2023. Seguiu a vida dunha pequena chamada Mariana. dende nena nunha escola unitaria ata que rondando a vintena. A cativa ten que decidir se marcha ao estranxeiro. Falamos con Iván Castiñeiras.
    O noso colaborador, Carlos Crespo, trae a música de Mocho Gris, integrado por dous músicos que formaron parte do entorno artístico de Baiuca.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades