Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Fado Alexandrino
    Con Afonso Becerra achegámonos á obra teatral “Fado Alexandrino”, adaptación da novela sobre a Revolución dos Cravos do escritor portugués António Lobo Antunes.
    31 min
  • Tres dos galegos nos Goya
    “Foi a rodaxe onde vin máis xestión emocional”
    “A nominación recoñece a todo o equipo”
    “Sacar unha superprodución coma esta con China foi un reto de case 12 anos”. Falamos coa actriz Lucía Veiga, o director de produción Carlos Amoedo e mailo director de animación e guionista, Xosé Zapata. Son tres dos galegos candidatos aos Goya que se entregan este sábado en Granada por “Soy Nevenka” (como actriz revelación), "Segundo premio” e “Dragonkeeper” respectivamente.
    31 min
  • Diario cultural 07-02-2025
    Falamos coa actriz Lucía Veiga, o director de produción Carlos Amoedo e mailo director de animación e guionista, Xosé Zapata. Son tres dos galegos candidatos aos Goya que se entregan este sábado en Granada por “Soy Nevenka” (como actriz revelación), “ Segundo premio” e “Dragonkeeper” respectivamente.
    E Afonso Becerra comenta "Fado Alexandrino", a adaptación teatral da novela homónima de Lobo Antunes
    31 min
  • Diario cultural 07-02-2025
    O novo espectáculo de Ibuprofeno Teatro aborda a reconversión industrial na ría de Vigo a partir da experiencia persoal do pai do autor e director do texto, Santiago Cortegoso. En escena, oito intérpretes forman unha charanga que nos guía pola historia recente. Trala estrea na Coruña, a montaxe emprende xira por Galicia.
    Eva Mejuto proponnos lecturas sobre mulleres creadoras de cultura. 'Canta, miña compañeira' de María Lado, aborda o legado das cantareiras conectándoo coa música do presente. 'Galegas nas artes' de Isabel Blanco, recolle as biografías de 21 artistas plásticas e visuais.
    31 min
  • Candidaturas dos Mestre Mateo
    Repasamos as obras finalistas nos premios do audiovisual galego, nas que a serie 'Rapa' e os filmes 'As neves', 'Honeymoon' e '+Cuñados' acaparan 40 candidaturas.
    A gala de entrega desenvolverase por primeira vez en Lalín, o 15 de marzo. Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e a presentadora Teté Delgado,
    avánzannos algúns pormenores da vixésimo terceira edición da festa do cine e a televisión do país, baixo o lema 'O audiovisual en movemento'.
    13 min
  • De Ninghures inventan o 'tuareg enxebre'
    Tito Lesende pica hoxe o último avance do novo disco de De Ninghures. 'En fin que máis dá' é unha peza 'tuareg enxebre' na que Xoel López colabora nas guitarras. Escoitamos tamén novo material do noiés Rhome e avanzamos a axenda de concertos dos próximos días con cancións de León Benavente e Virginia Maestro.
    30 min
  • "María Calas" e "A Rede Fantasma"
    María Callas, do chileno Pablo Larraín: En 2016 fixera “Jackie” sobre a ex-primeira dama estadounidense Jacqueline Kennedy e en 2021 “Spencer”, centrada nun momento concreto da vida de Lady Di. A actriz que dá vida a María Callas é Angelina Jolie. “A convulsa, fermosa e tráxica historia da vida da mellor cantante de ópera do mundo, revivida e reimaxinada durante os seus últimos días no París dos anos 70”.
    "A Rede Fantasma" fala de Hamid, un profesor sirio no exilio, que forma parte dun grupo secreto que dá caza aos líderes fuxitivos do réxime. A súa misión lévao a Francia, seguindo o rastro do seu antigo torturador. A vinganza coa que leva anos obsesionado está a un paso. Baseada en feitos reais.
    14 min
  • A crónica deportiva 06-02-2025
    O Tribunal Supremo absolve a Rafael Louzán do delito de prevaricación, condenado con 7 anos de inhabiltación, e pode seguir como presidente da Real Federación Española de Fútbol.
    No Racing, Álex López despídese do fútbol.
    O centrocampista Denís Genreau presentado no RC Deportivo.
    O Basquet Coruña ficha ó domincano Ángel Muñoz para o tiro exterior. Procede da liga Polaca.
    Con Paco Santos
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades