Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Visitamos o coro orixinal do Mestre Mateo
    "Conseguimos moito, pero aínda queda traballo arreo".
    Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal de  KosmoTech_1200
    15 min
  • A crónica deportiva 18-12-2024
    Ás 19:00h na Malata, Racing C Ferrol - UD Almería. Última hora con Raúl Villares.
    No RC Deportivo, Óscar Gilsanz analiza ao CD Castellón e fala dos ánimos dos seareiros en Tenerife.
    O Real Zaragoza acepta a dimisión de Víctor Fernández coma adestrador.
    No Obradoiro, o director deportivo Héctor Galán explica os motivos do cesamento de Gonzalo Rodríguez Palmeiro e recoñece como opcións a Félix Alonso e Jota Cuspinera.
    30 min
  • Diario cultural 18-12-2024
    Conversamos co escritor Alberto Ramos sobre a súa novela 'Pirotecnia', coa que gañou por segunda vez o premio Repsol de Narrativa Breve.
    Manel Cráneo recomenda cómics de Emma Ríos, Aldara Prado, Alicia Jaraba, Bea Gregores e Ana Moreiras.
    31 min
  • 'Pirotecnia', a onda expansiva da traxedia
    Alberto Ramos gañou o seu segundo premio Repsol de Narrativa Breve con 'Pirotecnia'. A novela comeza coa explosión dunha pirotecnia e procura a onda expansiva da traxedia na familia propietaria da empresa e na súa contorna.
    15 min
  • Diario cultural 18-12-2024
    Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal.
    Con Raquel C. Pico repasamos as curiosidades máis interesantes de cantas trouxo a este espazo semanal.
    31 min
  • 'Ao meu pai'
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Ao meu pai', que o artista Teo Soriano expón na Galería Vilaseco da Coruña.  A exposición homenaxea o proxenitor do artista, defensor do legado artístico de Soriano desde o grave accidente que sufriu, e inclúe 12 obras, seleccionadas pola directora de Vilaseco, Miriam Pérez, e o artista Álvaro Negro. 'Ao meu pai' pode visitarse ata o 21 de febreiro.
    9 min
  • Os corpos fráxiles
    Dolores Vilavedra comenta ‘Os corpos fráxiles’, de Sofía Ruvira.
    A primeira novela da autora trata da relación entre unha neta e unha avoa. Sobre a descuberta da finitude, da fraxilidade.
    12 min
  • ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’
    “Son máis ca fotos. O discurso complétase con outras actividades artísticas”. Xa pode verse en Vigo ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’. O eixe narrativo da exposición  do fotógrafo Blas González é a nostalxia emocional que provocou na súa nai o desastre paisaxístico e medioambiental da desecación da Lagoa de Antela en 1958.
    13 min
  • Diario cultural 17-12-2024
    Ata o día 11 de xaneiro pode visitarse en Vigo ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’ do fotógrafo Blas González.
    Dolores Vilavedra comenta a novela 'Os corpos fráxiles', de Sofía Ruvira
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades