Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 16-12-2024
    Conversamos con Alberto Rodríguez Arias, autor dun libro sobre a historia arquitectónica das estacións de servizo en España. Ata os anos 60, as gasolineiras serviron como campo de probas para introducir as ideas da arquitectura de vangarda.
    Pablo Sánchez Quinteiro avánzanos un concerto colaborativo da Real Filharmonía de Galicia. En 'Cantamos!' participarán varios coros amadores e novas voces solistas do país, ademais do propio público.
    31 min
  • Rod Stewart en 4 cancións
    Tito Lesende repasa a traxectoria musical de Rod Stewart, que actúa no Coliseum da Coruña o 15 de decembro, a piques de facer 80 anos. De 'Maggie May' a 'Do you think I´m sexy' pasando pola súa etapa nos Faces, unha carreira de 60 anos resumida en catro cancións
    16 min
  • Diario cultural 12-12-2024
    Tras conseguir premios en diversos festivais, por fin chega ás salas de cine "La Parra", a terceira longametrxe do ferrolán Alberto Gracia. Conversamos da película co director e Moncho Lemos fálanos doutras cintas que se verán nos cines este Nadal.
    31 min
  • Diario cultural 12-12-2024
    Coñecemos o centro museográfico que a Fundación Legar acaba de abrir na aldea da Seara, no concello de Quiroga. Expóñense uns 700 instrumentos de música galega de raíz da colección do artesán, gaiteiro e estudoso Xavier Blanco.
    Tito Lesende repasa a traxectoria musical de Rod Stewart que o 15 de decembro dará na Coruña o seu primeiro concerto en Galicia.
    31 min
  • Memes
    Os memes convertéronse en mensaxes con gran impacto no mundo de internet e son hoxe en dia unha parte esencial da comunicación política. Falamos desta nova forma de linguaxe e de como a Biblioteca Nacional de España está creando un arquivo para que se poida conservar e interpretar correctamente no futuro.
    13 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades