Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 23-10-2024
    Previas do Levante - Dépor e do Burgos - Racing de mañá.
    Imanol Idiákez di que consultará coa almofada o centro do campo que sacará co Levante.
    Cristóbal Parralo pide intensidade para competir no Plantío.
    No CD Lugo, Erik Ruíz pide desculpas polo xesto feo ao banco do Celta Fortuna.
    30 min
  • Diario cultural 23-10-2024
    A exposición 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX' recupera a memoria de 23 solistas da zarzuela e a ópera, como Ofelia Nieto, Ángeles Ottein, Benita Moreno, Bibiana Pérez ou Josefina Cubeiro.
    Manel Cráneo recoméndanos tres cómics para aprender a facer cómics, ou cando menos, para desfrutar máis da súa lectura.
    31 min
  • Diario cultural 23-10-2024
    Entramos na rodaxe en Vigo de ‘As liñas descontinuas’, segunda longametraxe de Anxos Fazáns.
    Con Raquel C. Pico achegámonos á figura de Filomena Dato.
    31 min
  • Os 'Novos imaxinarios' do cinema autoral
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Novos imaxinarios', que pode visitarse no CGAC ata o 12 de xaneiro. 
    A exposición percorre o traballo dunha serie de cineastas contemporáneos que van máis alá da industria e cuxas linguaxes podemos encadrar no cinema de autor.
    13 min
  • Carabela, Premio Narf 2024
    Conversamos coa banda noiesa Carabela, gañadora da última edición do Premio NARF, que promove a Deputación da Coruña. O grupo recibirá 4.000 euros como premio e únese a unha nómina de galardoados da que forman parte Caldo, Mounqup, Bala ou Familia Caamagno.
    31 min
  • Humor líquido galego
    "Non sei o que é estar xubilado"
    A exposición Xaquín Marín, humor líquido galego chega ao Auditorio de Galicia para amosar unha selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do artista nado en Fene en 1943.
    A mostra está comisariada polo seu fillo Xandre Marín e cos dous conversamos.
    11 min
  • A crónica deportiva 22-10-2024
    Rubén Domínguez dimite como adestrador do Ourense CF, último clasificado da 1ª RFEF.
    O RC Celta e o canteirán Javi Rodríguez amplían contrato ata 2028.
    Pablo Vázquez debulla o inicio de temporada do Dépor, que ten as baixas confirmadas de Mfulu e José Ángel.
    Lino López analiza ao SC Azores, rival do Uni Ferrol mañá, na Malata, na Euro Cup.
    30 min
  • Diario cultural 22-10-2024
    Conversamos coa banda noiesa Carabela, gañadora da última edición do Premio NARF.
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Novos Imaxinarios' que pode visitarse no CGAC ata o 12 de xaneiro.
    31 min
  • Diario cultural 22-10-2024
    A exposición Xaquín Marín, humor líquido galego chega ao Auditorio de Galicia para amosar unha selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do artista nado en Fene en 1943.
    A mostra está comisariada polo seu fillo Xandre Marín e cos dous conversamos.
    Con Ana Romaní coñecemos a exposición de estampa popular galega
    E Dolores Vilavedra comenta  “Arqueoloxías de amor para a cidade nova”, un libro de poesía de Francisco Salinas Portugal
    32 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades