Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 25-10-2024
    ‘Escribo sobre temas que me interesan pero non teñen oco nos xornais’
    Marta Villar, escritora e periodista, recollerá mañá o Premio Xerais 2024 por Detective Ferruchi, unha novela vindicativa na que aparecen o racismo, as costureiras que levantaron Inditex, o empoderamento feminino ou o consumismo.
    Afonso Becerra lévanos ao Circo de Pinocho, de Educateatro Producciones. Circo de carpa en galego que combina o teatro musical cunha selección dos números máis tradicionais.
    31 min
  • Diario cultural 25-10-2024
    A primeira edición de Estudios Abertos abre ao público os espazos de traballo de 25 artistas da cidade durante a fin de semana do 25 ao 27 de outubro. Unha iniciativa da asociación cultural A Maquinadora.
    Eva Mejuto propón hoxe dúas lecturas sobre o acoso escolar. 'I´m Obélix', de Raquel Fernández, premio Jules Verne 2024 e 'Subnormal', unha BD de Fernando Llor e Miguel Porto publicada en galego por Retranca Editora.
    31 min
  • Estreas de Cora Velasco e Catuxa Salom
    Tito Lesende pica dúas cancións recén estreadas, 'Aunque yo ya no esté', de Cora Velasco e Carlos Gil e mais 'Ela cando baila', adianto do novo disco de Catuxa Salom.
    E concertos: música de Gorka Urbizu, o que fora integrante do grupo Berri Txarrak, que estará o sábado 26 de outubro na Sala Capitol de Santiago e de Big Star, que visitan Vigo na xira que celebra o 50 aniversario do seu disco 'Radio City'
    13 min
  • O Festival Kerouak volve a Vigo
    María Xosé Queizán, Clo Plas, Ana María Caballero ou Elisa Scarpa son algunhas das protagonistas da décimo cuarta edición do Festival Kerouac, que se desenvolve en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro.
    Conversamos con Marcos de la Fuente, un dos creadores deste festival de poesía, música e performance, que tamén ten sedes en Nova York e México.
    14 min
  • Rita e La gran escapada
    Cine de estrea con Moncho Lemos.
    'Rita', o debut como directora de Paz Vega. Un desacougante drama familiar de ternura e violencia.
    'La gran escapada', de Oliver Parker . Unha historia conmovedora arredor da vellez, protagonizada por Michael Caine e Glenda Jackson.
    12 min
  • Universo Batman
    Mañá arranca en Vilagarcía o Curtas Festival do Imaxinario  A vila muda estes días en Gotham City, e mesmo traen o Batmóbil. Quen queiran fotografarse co vehículo mítico disporán dun  photocall  os días 1 e 2 de novembro.
    Luis Miguel Rosales, director do certame “é a dobre celebración dos 85 anos da primeira aparición de Batman en cómic  e os 35 da súa primeira película”
    13 min
  • A crónica deportiva 24-10-2024
    Xa están Javi Torres en Valencia e Raúl Villares en Burgos para as últimas horas do Levante - Dépor e do Burgos - Racing.
    No Celta, Javi Rodríguez conta de onde sae o alcume de "o puma". 
    No Obradoiro, Gonzalo Rodríguez Palmeiro tenta manter o equipo afastado da presión malia os malos resultados.
    30 min
  • Diario cultural 24-10-2024
    Debullamos a programación do Festival Kerouac, evento dedicado á poesía, a música e a performance cuxa 14ª edición se desenvolve en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro.
    Tito Lesende preséntanos as novas cancións de Cora Velasco e Catuxa Salom e recoméndanos os concertos de Big Star en Vigo e Gorka Urbizu en Santiago.
    31 min
  • Diario cultural 24-10-2024
    Mañá arranca en Vilagarcía o Curtas Festival do Imaxinario  e a vila muda estes días en Gotham City. Ata traen o Batmóbil. e quen queiran fotografarse co vehículo mítico disporán dun  photocall  os días 1 e 2 de novembro.
    Cine de estrea con Moncho Lemos: 'Rita' e 'La gran escapada'.
    Tatoo, arte baixo a pel, exposición na Cidade da Cultura
    31 min
  • Manuais en galego para facer BD
    Libros sobre BD: Manuais en galego para facer BD
    Manel Cráneo recoméndanos tres cómics para aprender a facer cómics, ou cando menos para desfrutar máis da lectura da banda deseñada.
    11 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades