Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Que monstros asustan á cativada?
    Arranca a semana dos mortos e as ánimas. Defuntos, Samaín, Halloween...Que monstros asustan á rapazada? Son os mesmos medos que tiñan seus pais?
    Coa axuda de Isabel Mociño -experta en literatura infantil-e Maco Valle, libreira, tratamos de dar coas repostas.
    14 min
  • Diario cultural 28-10-2024
    Debullamos a programación coa que Ponte nas Ondas celebra o Mes do Patrimonio Inmaterial. Actos en Santiago, exposicións en Ourense e Valença e unha gala final en Vigo o 16 de novembro.
    Patty Castro pica hoxe música de Zënzar, lendas do rock galego, e Teima, unha banda de Vimianzo xa desaparecida.
    31 min
  • Diario cultural 28-10-2024
    Arranca a semana dos mortos e as ánimas. Defuntos, Samaín, Halloween...Que monstros asustan á rapazada? Son os mesmos medos que tiñan seus pais?
    Coa axuda de Isabel Mociño -experta en literatura infantil-e Maco Valle, libreira, tratamos de dar coas repostas.
    Carlos Crespo tráenos hoxe un adianto en primicia do primeiro disco de Law.
    32 min
  • Diario cultural 28-10-2024
    Formas breves de pensamento é o substrato da obra de Luísa Villalta, segundo Luciano Rodríguez. O investigador, responsable da edición do volume que publica Galaxia, presenta os materiais inéditos do legado da escritora.
    18 min
  • Dous libros sobre o acoso escolar
    Eva Mejuto proponnos hoxe dúas historias xuvenís sobre o acoso escolar. I´m Obélix, de Raquel Fernández Fernández, é o último premio Jules Verne de Edicións Xerais. Subnormal, de Fernando Llor e Miguel Porto, é unha BD que publicou en galego Retranca Editora.
    11 min
  • Estudios Abertos en Ourense
    25 artistas abren os seus espazos de traballo ao público durante unha fin de semana. A primeira edición de Estudios Abertos desenvólvese en Ourense do 25 ao 27 de outubro, promovido pola asociación cultural A Maquinadora. Visitamos a galería Dodo Dadá e o estudio do artista Manolo Figueiras.
    17 min
  • Circo de Pinocho
    Afonso Becerra lévanos ao Circo de Pinocho, de Educateatro Producciones. Circo de carpa en galego que combina o teatro musical cunha selección dos números máis tradicionais do xénero.
    7 min
  • A crónica deportiva 25-10-2024
    Punto do Racing en Burgos, con lesión do autor do gol, Aitor Gelardo.
    Preocupación no Deportivo, máis pola imaxe da primeiraa metade ca pola derrota. O equipo está enpostos de descenso.
    No Celta, Jailson é baixa para seis semanas.
    O Básquet Coruña recibe oZaragoza e o Breogán recupera a Jordan Davis.
    Ángela Mataix, do Uni Ferrol, debuta nunha convocatoria da selección española.
    30 min
  • Marta Villar e a súa novela "Detective Ferruchi"
    ‘Escribo sobre temas que me interesan pero non teñen oco nos xornais’
    Marta Villar, periodista, recollerá mañá o Premio Xerais 2024 por Detective Ferruchi, unha novela vindicativa na que aparecen o racismo, as costureiras que levantaron Inditex, o empoderamento feminino ou o consumismo.
    Conta a historia dunha muller que regresa a súa vila natal logo de moitos anos fóra e monta una librería. Ao pouco asasinan a un veterinario insocial pero admirado pola súa sensibilidade no trato cos animais. E ela métese de cheo a investigar.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades