Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 31-10-2024
    Coñecemos a programación da oitava edición de FFoco, festival de fotografía da Coruña. o 2 de novembro acolle actividades ao redor da fotografía documental na Fundación Luís Seoane e na Filmoteca de Galicia.
    Tito Lesende pica cancións de tres nomes imprescindibles da música galega actual: Grande Amore, Baiuca e Eladio Santos.
    31 min
  • Diario cultural 31-10-2024
    Mañá remata a rodaxe de Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín. Trata do paso da adolescencia á idade adulta dende a óptica masculina, como salienta a produtora galega do filme, Beli Martínez.
    Venres e sábado desenvólvese en Chantada unha nova edición do Castañazo Rock.
    E con Moncho Lemos comentamos "O corpo aberto", dispoñible de balde en AGalega.gal e a estrea en salas de "Escape", a última de Rodrigo Cortés.
    31 min
  • Festigual, cultura para todos
    Comeza na Coruña a oitava edición do Festigual, un festival que reivindica o acceso á cultura para todas as persoas.
    Do 30 de outubro ao 29 de novembro o encontro ofrece espectáculos de teatro, música e danza, exposicións e obradoiros participativos.
    18 min
  • Mares da fin do mundo
    Arranca en Ribeira a sétima edición de Mares da Fin do Mundo.
    Unha mostra internacional de cinema documental comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro artesanal que se alonga ata o domingo.
    A película inaugural, esta tarde ás cinco no auditorio, é “Remando a la deriva”, de Sarvnik Kaur.
    14 min
  • A crónica deportiva 30-10-2024
    O Pontevedra - Levante, adiado para o 7 de novembro ás 20h. Falamos co compañeiro de Apunt, Xavi Alberola, para saber da situación en Valencia e dos aprazamentos de partidos para os equipos afectados pola DINA.
    O Celta midese ao San Pedro.
    O Racing, con oito baixas, desprázase por estrada a Aragón para xogar mañá ante o Cuarte.
    O Baxi mídese en Estambul ao Galatasaray
    29 min
  • Diario cultural 30-10-2024
    Debullamos a programación do Festigual, festival de cultura e artes inclusivas que se desenvolve na Coruña entre o 30 de outubro e o 29 de novembro.
    Manel Cráneo analiza a situación do cómic nas bibliotecas galegas e a posibilidade de crear bedetecas.
    31 min
  • Diario cultural 30-10-2024
    Arranca en Ribeira a sétima edición de Mares da Fin do Mundo.
    Unha mostra internacional de cinema documental comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro artesanal que se alonga ata o domingo.
    Raquel C. Pico tráenos as primeiras novelas galegas de pantasmas.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades