Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Lecturas de Defuntos
    Eva Mejuto proponnos lecturas para todas as idades nestes días de Defuntos. 'Jack e a morte', un álbum ilustrado de Tim Bowley e Natalie Pudalov e mais 'Medo me dá!', unha obra de teatro infantil de Ramón D. Veiga.
    9 min
  • VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024
    Afonso Becerra debulla as sete propostas que concorreron a pasada fin de semana na Coruña ao VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024. Este festival, único en Galicia, busca promover proxectos de artes escénicas en proceso de creación, ofrecendo un espazo de intercambio entre creadores galegos e portugueses. A obra seleccionada para representarse íntegra o ano vindeiro foi Ninguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera.
    10 min
  • 'A profundidade esencial da terra'
    A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta.
    Da man de Isabel Freire achegámos a esta exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comisariada por Carlos López Bernárdez.”Coinciden na atracción polas culturas que na época eran denominadas “primitivas”, polo popular e pola fascinación etnográfica”
    14 min
  • Diario cultural 01-11-2024
    'A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta'.
    Exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comisariada por Carlos López Bernárdez.”Coinciden na atracción polas culturas que na época eran denominadas “primitivas”, polo popular e pola fascinación etnográfica” 
    Afonso Becerra debulla as sete propostas que concorreron na Coruña ao ‘VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024’.
    31 min
  • Diario cultural 01-11-2024
    Descubrimos as historias que gardan os camposantos coa escritora Emma Pedreira e o seu libro 'As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos'.
    Eva Mejuto proponnos lecturas para todas as idades relacionadas co tempo de Defuntos.
    31 min
  • Diario cultural 01-11-2024
    O jazz galego protagoniza o Festival de Jazz de Lugo. 24 concertos, tres escenarios, 17 días na 34 edición cunha importante presenza de compositoras e intérpretes.
    17 min
  • Os paseos por cemiterios de Emma Pedreira
    Conversamos con Emma Pedreira sobre o seu último libro, 'As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos'.
    O volume reúne paseos por uns 200 camposantos do país en compañía de escritoras, enterradores, historiadoras ou arquiveiros
    para recoller a memoria social, artística, histórica ou antropolóxica ligada aos camposantos.
    19 min
  • Nuno, Álex, Eladio
    Escoitamos con Tito Lesende tres voces imprescindibles da música galega: Nuno Pico, de Grande Amore, galeguizando a Muchachito Bombo Infierno en 'Que pode saír mal'; 
    Álex Guillán, Baiuca, que tocará cando menos tres días seguidos en Santiago a finais de xaneiro e mais Eladio Santos, que publicou recentemente 'Estëreo Estrada', un disco en solitario.
    13 min
  • Ffoco mira a Gales e debate sobre turismo
    A oitava edición do Festival de Fotografía da Coruña ofrece dúas exposicións de Bandia Ribeira e Sebastián Bruno que retratan Gales tralo proceso de desindustrialización.
    Ademais, o Ffoco acolle toda unha xornada de actividades ao redor da fotografía documental o sábado 2 de novembro: proxeccions de traballos fotográficos,
    feira de fotolibros ou un debate sobre fotografía e turismo
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades