Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 06-11-2024
    A serie 'Pringadas' chega á plataforma A Galega e anuncia segunda temporada, coas súas historias sobre tres estudantes que comparten piso en Santiago.
    Manel Cráneo explica o impacto das inundacións de Valencia no sector do cómic.
    31 min
  • Cadros que nunca pintei
    “Intentar facer con moi pouco o máximo”. Hector Francesch presenta en AFundación o seu traballo último. Cadros que nunca pintei é “a arte soñada”
    10 min
  • O 'Hábitat 2.0' de José Lourenço
    Mónica Maneiro comenta a mostra do artista e deseñador portugués José Lourenço na Galería Trinta de Santiago. Inspirado nos arquitectos e deseñadores do século XX, Lourenço 
    recrea ambientes interiores que mostran a vida cotiá como un libro aberto. A exposición pode visitarse ata o 15 de decembro.
    8 min
  • A crónica deportiva 05-11-2024
    O Celta está a 3 puntos de Europa e con 7 de vantaxe co descenso. Iago Aspas segue a facer números de estrela.
    O defensa do Racing, David Castro, fala da sua estancia no hospital e do líder da 2ª, o Real Racing Club.
    Lesión muscular de Ximo Navarro no Dépor. Non estará o luns en Riazor co Eibar.
    30 min
  • Paseo pola literatura fantástica galega
    Percorremos a exposición 'Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego', que pode visitarse na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura ata a primavera de 2025.
    A mostra percorre as características dos diferentes subxéneros da literatura fantástica e ofrece exemplos en galego, de Vicente Risco e Ánxel Fole a Cris Pavón ou Manel Loureiro, pasando por Manuel Rivas, María Reimóndez ou Suso de Toro. Conversamos con Alba Rozas, unha das comisarias da exposición, tamén escritora de fantasía épica e editora en Boadicea, arestora o único selo especializado no xénero fantástico na nosa literatura.
    17 min
  • Diario cultural 05-11-2024
    A exposición 'Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego' percorre obras de ciencia ficción, fantasía épica ou terror na nosa literatura. Conversamos con Alba Rozas, unha das comisarias desta mostra que pode visitarse na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Hábitat 2.0' do artista e deseñador José Lourenço, na Galería Trinta de Santiago.
    31 min
  • Diario cultural 05-11-2024
    «Anos 80: Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground» é un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes tamén en Galicia. Conversamos co autor, Fernando Fernández Rego.
    Dolores Vilavedra comenta "Manual de padronaxe", de Nerea Brey
    31 min
  • Diario cultural 05-11-2024
    Héctor Francesch presenta o seu traballo dos últimos anos. "Cadros que nunca pintei" é unha aposta pola creatividade e o soño. 62 obras na mostra que se pode ver na sede de AFundación na Coruña. E despois "Esperpento. Arte popular e revolución estética"
    17 min
  • “Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo e underground”
    «Anos 80: Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground» é un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes tamén en Galicia.
    Aínda que a música é o eixe central do libro, fanse paradas na contracultura, o “faino ti mesmo”, os fanzines, o audiovisual, a poesía e a plástica.
    Conversamos co autor, Fernando Fernández Rego.
    19 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades