Pablo Sánchez Quinteiro tráenos hoxe música de Beethoven: a Sinfonía Pastoral, que formou parte do repertorio da Sinfónica de Galicia en dous concertos que comezaron
cun recordo ás vítimas da DINA en Valencia. Escoitamos tamén ópera, 'Madame Butterfly', prato forte da temporada de Amigos da Ópera en Vigo. Poñemos o ramo coa voz
da soprano Emilia Pérez, do Carballiño, unha das novas voces galegas que acolle a Real Filharmonía de Galicia na programación desta temporada.