Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 07-11-2024
    Chega ás salas de cine o filme 'Os espazos en branco', co que Bruno Arias gañou o Mestre Mateo ao mellor documental. Unha exploración da memoria familiar a través da relación do cineasta coa súa tía, a poeta Xela Arias, finada cando el tiña 5 anos.
    Tito Lesende fálanos da iniciativa Som València, unha serie de concertos cos que se recadarán fondos para os afectados pola DINA. Tamén escoitamos a Carlos Peregrino, Kokoshca e Álvaro Suite.
    31 min
  • Diario cultural 07-11-2024
    Pasamos polo HematoFesti, o macrofestival que estes días honra en Vigo a memoria de Miguel Ángel López, o Hematocrítico. Morreu hai agora un ano e deixou tras de si un regueiro de amigos, de fans... nos máis diversos ámbitos. Porque Miguel Ángel foi un multitarefas: escritor, mestre, comunicador e autor de blogs humorísticos.
    Xente de todos eses eidos xúntase para renderlle un entusiasta tributo. Lonxe das lamentacións montaron un festival no que mandan a literatura, a música e o humor… sirva de exemplo que a súa mascota é unha Pata con Botas, inspirada nos xogos de palabras que tanto gustaban ó Hematocrítico..
    De seguido falamos con dous guionistas e ilustradores ….Alberto Vázquez e Manuel Bartual.
    Virá tamén o compañeiro Moncho Lemos coas estreas da semana: Marco e Amanece en Samaná, dous filmes españois desta semana.
    31 min
  • Creadores de BD afectados pola DINA
    Manel Cráneo repasa o impacto das inundacións no sector do cómic, que conta con nomes tan importantes na Comunidade Valenciana como Paco Roca, Cristina Durán ou Miguel Ángel Giner.
    Escoitamos o testemuño da autora e ilustradora galega Xulia Vicente, que reside en Valencia.
    10 min
  • Pringadas chega á plataforma AGalega
    Xoana, Antía e Catu son tres estudantes que comparten piso en Santiago. E comparten tamén vida e confidencias na serie 'Pringadas', que chega á plataforma A Galega.
    "Conseguín vivir do audiovisual grazas a Pringadas". A súa directora, Belén Puime, e unha das súas protagonistas, Camila Ferreyra, avánzannos tamén as novidades da segunda temporada.
    19 min
  • María Luz Morales, xornalista pioneira
    Raquel C. Pico achéganos a figura de María Luz Morales, escritora e pioneira do periodismo cultural, Nada na Coruña no día primeiro do ano 1889, foi a primeira muller en España directora dun diario nacional, La Vanguardia (1936 -1937)
    9 min
  • Compostela Ilustrada
    Turismo, cultura e arte danse cita na sétima edición de Compostela Ilustrada, que busca descubrir e promocionar unha cidade diferente. Conversamos con Gemma Sesar, organizadora do encontro, e coa ilustradora e tatuadora Aldara Prado, unha das convidadas
    19 min
  • A crónica deportiva 06-11-2024
    Oscar Gilsanz, presentado coma adestrador do RC Deportivo ata final de temporada. Fernando Soriano, director de fútbol, explica as razóns.
    O defensa central Naldo, xogador máis destacado do mes de outubro no Racing.
    No CD Lugo, o lateral Marcos Sánchez , natural de Vilarreal, fala da DINA e tamén do Barcelona-Athletic.
    No Breogán, Velko Mrsic confía no factor Pazo para mañá co CB Canarias de Tenerife.
    31 min
  • Diario cultural 06-11-2024
    Turismo, cultura e arte danse cita na sétima edición de Compostela Ilustrada, que busca descubrir e promocionar unha cidade diferente., a través dos ollos dos debuxantes. Conversamos con Gemma Sesar, organizadora do encontro, e coa ilustradora e tatuadora Aldara Prado, unha das convidadas,
    Raquel C. Pico achéganos a figura de María Luz Morales, escritora e pioneira do periodismo cultural, Nada na Coruña no día primeiro do ano 1889, foi a primeira muller en España directora dun diario nacional, La Vanguardia (1936 -1937)
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades