Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Concerto solidario na Coruña
    A partir das sete da tarde, na sala Inn da Coruña terá lugar un concerto solidario coas vítimas da Dina. As entradas para ver a  Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, Maragrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarroa, están esgotadas. A recadación íntegra destinarase á Fundación Horta Sud, con sede en Torrent. Victoria Blanco, da organización, explica como xurdiu esta iniciativa, que ten citas semellantes noutros puntos de España.
    11 min
  • A crónica deportiva 12-11-2024
    David Mella, na renovación co RC Deportivo, "nunca pensei noutro equipo".
    No Celta, Luca de la Torre a piques de recibir a alta médica. Hoxe traballou co grupo.
    Toni Nakic, mellor xogador do Breogán no mes de outubro.
    31 min
  • Diario cultural 12-11-2024
    A partir das sete da tarde, na sala Inn da Coruña terá lugar un concerto solidario coas vítimas da Dina. As entradas para ver a  Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, Maragrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarroa, están esgotadas. A recadación íntegra destinarase á Fundación Horta Sud, con sede en Torrent. 
    Dolores Vilavedra comenta “Detective Ferruchi”, de Marta Villar, a novela gañadora do Xerais deste ano
    31 min
  • Diario cultural 12-11-2024
    Javier Otero estrea a ópera Pálido punto azul, unha reflexión sobre a insignificancia, tamén sobre o ser o estar e o parecer. E ademais Uma historia pequena da Galiza rural
    18 min
  • Diario cultural 12-11-2024
    Exploramos a exposición 'Ollo á orella. 8 obras sonoras e unha partitura colectiva', que pode visitarse na Fundación Laxeiro de Vigo.
    Mónica Maneiro fálanos do curso de arte contemporánea 'Na orixe das especies', que impartirá Suso Fandiño no CGAC
    31 min
  • No ecuador do Outono Códax
    Dende o 31 de outubro pasado ata o 23 deste mes:  música soul, rythm&blues, funk e rock´n roll nas salas Capitol e Riquela de Santiago.
    Falamos con Fran Villasenín, codirector do festival.
    10 min
  • WISDOM e Lóstregos
    Patty Castro fálanos hoxe de dúas bandas de metal extremo. WISDOM, pioneiros do grindcore galego desde Mugardos e o black metal dos coruñeses Lóstregos.
    10 min
  • Eris Mackenzie
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Eris Mackenzie, un artista de Castelo (na área metropolitana da Coruña) que, segundo as súas propias palabras, vive obsesionado con experimentar e facer música, a súa razón de ser. En cousa dun mes sacará o seu disco primeiro
    10 min
  • "As gardiás"
    Que se fai coas vellas e vellos?
    Teatro de Ningures estreou a fin de semana en Cangas  ‘As Gardiás‘, un texto do francés Násser Djemaï dirixido por Cristina Domínguez e interpretado por Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz.
    17 min
  • A crónica deportiva 11-11-2024
    O Deportivo aínda non sabe se pode contar con Yeremay esta tarde en Riazor para o partido contra o Eibar.
    Analizamos a derrota do Racing Club Ferrol co Racing de Santader e mailo empate do RC Celta en Sevilla co Betis.
    No Breogán, Tito Díaz di que é cedo para pensar en fichaxes.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades