Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Polvo serán e Gladiator II
    Moncho Lemos comenta “+Cuñados ”, que se estrea o domingo na TVG. E ademais, dúas estreas para esta fin de semana.
    *‘Polvo serán’, de Carlos Marques-Marcet. Tras ser diagnosticada cunha enfermidade terminal, Claudia decide emprender a súa última viaxe a Suíza. 
    *‘Gladiator II’, de Ridley Scott. Nesta secuela, con música de Abraham Cupeiro, o protagonista rememora o seu pasado na procura da forza e a honra que lle devolvan ao pobo a gloria perdida de Roma.
    14 min
  • Vinde todas
    Recibimos a visita da cantante, gaiteira e docente Carme López (Carmela) para falarmos de ‘Vinde todas’, o seu proxecto de música de tradición oral que sae hoxe á venda.
    A perspectiva de xénero e a investigación etnográfica son os piares deste disco, no que cada canción leva o nome das mulleres de referencia no proceso de aprendizaxe. Tamén inicia e pecha o álbum coas gravacións de campo que reflicten o proceso de investigación etnomusicolóxica.
    14 min
  • A crónica deportiva 14-11-2024
    Dani Barcia espera poder renovar co Dépor e agradécelle a Oscar Gilsanz o papel desenvolvido na súa formación.
    O Racing contará con máis de 200 seareiros en Éibar.
    Xornada de liga feminina de baloncesto para o Uni Ferrol, o Ensino Lugo e o Celta de Vigo.
    No Breogán, Velko Mrsic fala da agresividade do xogo defensivo do Murcia.
    31 min
  • Sempre libres e vivas
    “Chegou a moitos lugares nos que nunca se fixera unha acción feminista”. Uqui Permui presenta o volume Sempre libres e vivas que documenta a campaña En negro contra as violencias
    11 min
  • Diario cultural 14-11-2024
    A deseñadora Uqui Permui publica Sempre libres e vivas, un libro que documenta e percorre a evolución durante oito anos da campaña “En negro contra as violencias”. E ademais As gardiás, a nova montaxe de Teatro de Ningures
    18 min
  • Diario cultural 14-11-2024
    Talía Teatro leva a escena a ausencia de educación sexual en tempos de acceso temperá á pornografía. A montaxe 'deseXo' está protagonizada por Marta Ríos e Dani Trillo e dirixida por Diego Rey.
    Tito Lesende pica música dos novos discos de Sen Senra e Hugo Guezeta, un tema novo de Marián e avanza o concerto de Bryan Adams na Coruña.
    31 min
  • Diario cultural 14-11-2024
    Recibimos a visita da cantante, gaiteira e docente Carme López (Carmela), para falarmos de ‘Vinde todas’, o seu proxecto de música de tradición oral que sae hoxe á venda.
    Moncho Lemos comenta “+Cuñados ”, que se emite ko domingo na TVG. E ademais, dúas estreas para esta fin de semana: ‘Polvo serán’ e ‘GladiatorII’
    31 min
  • Didáctica da Filosofía
    “Unha cousa é coñecer unha materia e outra ensinala” Miguel Vázquez Freire é un dos organizadores das III Xornadas Internacionais de Didáctica da Filosofía que se desenvolven na USC
    12 min
  • Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble
    Belén Vaquero & Pérgamo Ensemble, ‘Premio Sello FestClásica 2025’ da Asociación Española de Festivais de Música Clásicapor ‘La memoria en donde ardía'
    A soprano ourensá dinos que a proposta inclúe algunhas das páxinas que arderon no incendio do Alcázar de Madrid en 1734, recuperadas en arquivos de Guatemala e México.
    13 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades