Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 19-11-2024
    A exposición 'Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible' repasa as novas ferramentas que utilizan os arqueólogos para investigar o noso pasado. Unha mostra impulsada polo Incipit do CSIC e que pode visitarse ata o 30 de decembro na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Pintura escrita. Arte e literatura.', un percorrido polas conexións entre artes plásticas e a literatura. A mostra está aberta eata o 7 de xaneiro de 2025, no centro Obra social Abanca de Santiago.
    31 min
  • Diario cultural 19-11-2024
    Otero Baena foi un pintor sen pinceis e con ese título se presenta a mostra que podemos ver no Museo de Pontevedra. O Simposio Luísa Villalta afonda este outono na figura e na obra da autora das Letras 2024.
    17 min
  • Repertorio barroco
    Pablo Sánchez Quinteiro celebra o Día Internacional da Música con obras barrocas asinadas por Henry Purcell, Christoph Gluck e Antonio Vivaldi.
    12 min
  • IGMIG
    IGMIG, a banda viguesa fundada hai unha década por Ignacio Muñoz e Miguel Seoane, volve á carga cun disco que sairá en decembro. Escoitamos un adianto dese traballo dun grupo inclasificable que se distingue polo humor e a orixinal posta en escea dos seus concertos.
    31 min
  • Diario cultural 18-11-2024
    Dúas propostas cinematográficas na Coruña e en Vigo. Cine autoral no Cormorán Film Fest, con proxeccións e coloquios durante toda a semana. E entre o martes e o xoves, nova xeira na Semana de cine submarino de Vigo.
    Pablo Sánchez Quinteiro escolle música barroca para este luns. Pezas de Henry Purcell, Christoph Gluck e Antonio Vivaldi.
    31 min
  • Diario cultural 18-11-2024
    O novo libro de poemas de Pilar García Rego 'Desaparecer' esculca nas fendas da vida, deténse nas arestas, nos ocos polos que a vida esvara. O poemario é a procura do sentido da vida nas fisuras, nas incisións e no seu derrubamento. A obra constrúese a partir dunha pregunta sobre a valentía e a súa razón de ser.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades