Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 22-11-2024
    A partir do luns imos emitir as obras gañadoras da cuarta edición do concurso de teatro radiofónico 'Escoitamos teatro’, que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega. 
    Trátase de ‘Petricor’, de Lidia Fraga; ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado; e ‘Céspede artificial’, de AveLina Pérez.
    Falamos co compositor rianxeiro Antón Alcalde, gañador da 35.ª edición do Premio Jóvenes Compositores por 'Anatomías del abismo'.
    E Afonso Becerra comenta ‘Terceiro acto’, do CDG.
    31 min
  • 'Prefiro condenarme' chega ás salas
    'Prefiro condenarme' fala de desobediencia, clase e desexo feminino a través da historia de Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora da ría de Ferrol que se enfrontou a un xuízo por adulterio no ano 72. Un documental de creación que bota man do testemuño da protagonista, imaxes de arquivo, performance musical de Mónica de Nut e un elenco composto por Iria Pinheiro, Mónica Caamaño, Melania Cruz e Antón Lopo.
    'Prefiro condenarme' chega o venres 22 de novembro a salas de Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ferrol, Caldas e A Estrada. O equipo do filme participará nalgunhas das proxeccións.
    15 min
  • 'Prefiro condenarme' e 'Raqa'
    Cine de estrea con Moncho Lemos.
    “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo, chega este venres ás salas.
    A película, baseada en feitos reais, toma como punto de partida o xuízo por adulterio contra Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora da ría de Ferrol, durante a ditadura franquista. Contra todo prognóstico, o Tribunal eclesiástico de Compostela absólvea.
    “Raqa”, de Gerardo Herrero. Thriller de espías que nos adentra no corazón do Estado Islámico e da Yihad, baseado na novela Vírgenes y verdugos de Tomás Bárbulo.
    16 min
  • Os novos relatos da violencia machista
    “Mentres haxa desigualdade seguirá habendo violencia”
    En vésperas do 25-N, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega debate sobre os novos relatos da violencia machista a longo do día de hoxe.
    Conversamos con Carme Adán, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, que organiza esta xornada anual.
    12 min
  • Diario cultural 21-11-2024
    “Mentres haxa desigualdade seguirá habendo violencia”
    En vésperas do 25-N, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega debate sobre os novos relatos da violencia machista.
    'Prefiro condenarme' e 'Raqa' con Moncho Lemos
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades