Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Cando a moda é escultura
    A deseñadora María Barros é unha das participantes na última edición das residencias artísticas do Gaiás. O seu proxecto Téxtil suspendido explora formas escultóricas realizadas en seda e algodón con técnicas de alta costura.
    12 min
  • A volta de Hugo Guezeta
    'O noso tempo' é o primeiro disco longo de Hugo Guezeta, o que fora un dos integrantes do grupo Sondarúa. Un traballo que enceta unha nova xeira na traxectoria do rapeiro de Ponteareas, que explora novos ritmos e temáticas coa produción de Peter Petrowski. 'O noso tempo' preséntase en directo o día 14 de decembro na sala Rebullón de Mos, o día 19 na Mardi Gras da Coruña e o 21 de decembro na sala Sónar de Santiago.
    16 min
  • A crónica deportiva 26-11-2024
    O Racing viaxa a Castellón con Cristóbal Parrado na picota.
    Fran Alonso presentado coma novo adestrador do Dépor feminino.
    No CD Lugo, Juan Rodríguez fala de manter as boas sensacións no Anxo Carro.
    Hoxe Copa do Rei e da Raíña de fútbol sala.
    30 min
  • Diario cultural 26-11-2024
    Hugo Guezeta preséntanos o seu primeiro álbum en solitario, 'O Noso Tempo'.
    Mónica Maneiro analiza as propostas das residencias artísticas do Gaiás. Unha delas é o proxecto 'Téxtil suspendido', no que a deseñadora María Barros converte tecidos en esculturas.
    31 min
  • O libro das abellas
    “Apostamos por poñer en valor a permanencia dos títulos nun tempo no que a voracidade das novidades colapsa as librarías”. Dores Tembrás fala dos dez anos de Apiario, a editorial publica O libro das abellas.
    10 min
  • Diario cultural 26-11-2024
    ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado. Falamos con ela e escoitamos a peza.
    A fisterrá Marta Lado, autora e actriz galardoada nos Mestre Mateo e os María Casares, preséntanos a historia dun guionista que se fai pasar por cura para inspirarse nas confesións dos fregueses. A súa parella decide poñelo a proba...
    Texto e dirección: Marta Lado. Interpretación: Marta Ríos e Jorge Varandela. Adaptación sonora: Gerardo Amigo. Sintonía: Daniel Martín Ayguavives.
    31 min
  • Black metal galego
    Patty Castro fálanos hoxe de Balmog e Xerión, dúas bandas do país que practican black metal, un xénero de atmosfera escura que ás veces evoca elementos transcendentes ou filosóficos.
    11 min
  • A crónica deportiva 25-11-2024
    Boas sensación no RC Celta, río revolto no FC Barcelona, tralo empate en Balaídos.
    Cesado Rubén de la Barrera no Vizela portugués.
    O Racing prepara a visita deste mércores a Castellón, no partido adiado pola DINA.
    Hoxe, ás 20:00h, no Paco Paz de Ourense, España - Eslovaquia de clasificación para o Eurobasket.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades