Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Machismo dixital
    'Hackeamos o patriarcado' é un libro colectivo e interdisciplinar no que participan unha vintena de investigadores e investigadoras. Abórdanse cuestións como a violencia de xénero nos espazos dixitais, a baixa porcentaxe de mulleres no ámbito da enxeñería ou os nesgos de xénero no deseño de asistentes virtuais. Conversamos coa doutora enxeñeira en Telecomunicación Soledad Torres Guijarro, coordinadora da obra, e coa profesora de Socioloxía Iria Vázquez Silva, unha das participantes.
    17 min
  • Diario cultural 25-11-2024
    “O inferno que viviron estas mulleres é moi descoñecido para a poboación”. Montse Fajardo pescuda, no ensaio Caídas, a historia do Patronato de Protección a la Mujer, e a súa incidencia en Galicia.
    17 min
  • Diario cultural 25-11-2024
    No 25N abordamos a violencia do xénero no ámbito dixital a través do libro 'Hackeamos o patriarcado'. Unha obra colectiva e interdisciplinar que analiza a violencia e o sexismo nas redes, os nesgos de xénero en asistentes virtuais ou a baixa porcentaxe de mulleres nos estudos de enxeñería. Conversamos coa coordenadora do volume, Soledad Torres Guijarro, e outra das investigadoras participantes, Iria Vázquez Silva.
    Patty Castro convídanos a escoitar black metal en galego, a través da música de Balmog, banda de Soutomaior, e mais dos ourensáns Xerión.
    31 min
  • Mulleres con memoria
    Eva Mejuto proponnos a lectura do álbum O triángulo vermello, de Carme Vidal, Pablo Iglesias Núñez e Belén Diz. Unha biografía da militante antifascista Belén Núñez dirixida á rapazada.
    Abrimos tamén as páxinas de Cantareiras, unha das primeiras publicacións das Letras de 2025 dirixidas ao lectorado máis novo.
    11 min
  • 'Non pasarán', de Artika Cía
    A compañía Ártika Cía estrea 'Non pasarán', unha resposta teatral ao crecemento dos autoritarismos e de movementos antidemocráticos.
    Tito Asorey é o director da montaxe, na que comparte a dramaturxia con Vanesa Sotelo. O elenco está formado por  Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.
    12 min
  • Terceiro acto
    Afonso Becerra comenta ‘Terceiro acto’, do CDG. Actrices e actores veteranos xúntanse clandestinamente nun teatro pechado para emprender a súa última aventura xuntos e reflexionaren sobre o terceiro acto das súas vidas.
    11 min
  • Antón Alcalde e as Anatomías do abismo
    Dende Taiwán, onde reside, falamos co compositor rianxeiro Antón Alcalde, gañador da 35ª edición do Premio Jóvenes Compositores por 'Anatomías del abismo.' O certame está organizado pola Fundación SGAE  e o Centro Nacional de Difusión Musical.
    8 min
  • Escoitamos teatro...a partir do luns
    A partir do luns imos emitir as obras gañadoras da cuarta edición do concurso de teatro radiofónico 'Escoitamos teatro’, que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega. 
    Trátase de ‘Petricor’, de Lidia Fraga; ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado; e ‘Céspede artificial’, de AveLina Pérez. Destas pezas falamos co coordinador do certame, Santiago Cortegoso
    7 min
  • A crónica deportiva 22-11-2024
    Hoxe, ás 20:30h, Racing Club Ferrol - Levante UD e Zamora CF - CD Lugo.
    RC Celta - FC Barcelona, sen Lamine Yamal. A previa, con Víctor López.
    No RC Deportivo, Óscar Gilsanz non despexa dúbidas sobre as baixas.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades