Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • O millo miúdo
    Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford.
    O documental indaga nos usos e métodos de cultivo do millo miúdo, un cereal case extinto na Península Ibérica tras diversos procesos de globalización. O filme foi gravado en diferentes localidades de Asturias, Galiza e Portugal.
    16 min
  • A crónica deportiva 28-11-2024
    Analizamos con Raúl Villares o empate sen goles do Racing en Castellón.
    Hugo Álvarez, o xogador da semana no RC Celta.
    No Depor, Yeremay recuperado e Mario Soriano en sala de prensa.
    30 min
  • Diario cultural 28-11-2024
    O grupo Chévere volve botar man das Ultranoites para retratar de maneira irreverente a actualidade. Levan a Culturgal unha 'Ultranoite Cultureta' e en Nadal farán cinco funcións da Ultranoite 115 na Sala Capitol de Santiago.
    Tito Lesende pica cancións de Belem Tajes, Noite Atari, a colaboración de Shinova e Tanxugueiras e o 'Cuento de hadas en Madrid' de Iván Ferreiro.
    31 min
  • Diario cultural 28-11-2024
    Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford.
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana ‘Pídeme lo que quieras’ e Vaiana 2
    31 min
  • Diario cultural 28-11-2024
    Filmei paxaros voando, un exercicio autobiográfico sobre o desarraigo, os coidados e a liberdade. O filme documental de Zeltia Outeiriño abre a programación de cinema de Culturgal. E ademais Caldo de Catuxa Salom
    17 min
  • Museos de BD
    Manel Cráneo recoméndanos museos de cómic en Bruxelas, California ou Sabadell e explica as funcións destes centros dedicados á conservación e á difusión do cómic.
    13 min
  • Os 'dessassosegos' de Manuel Patinha
    A mostra retrospectiva 'Dessassosegos 1970-2024' permite percorrer a traxectoria artística de Manuel Patinha, artista portugués afincado en Ferrolterra desde hai varias décadas.
    A escultura é a disciplina que deu máis sona a Patinha, que realizou moitas pezas para espazos públicos, pero a exposición recolle tamén o seu traballo nos ámbitos do gravado, a fotografía e á pintura, á que pertencen as últimas obras do artista. A mostra pode visitarse no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ata o 5 de xaneiro.
    8 min
  • A crónica deportiva 27-11-2024
    Analizamos o sorteo da 2ª rolda da Copa do Rei: Ourense CF - RC Deportivo, Salamanca CF - RC Celta, Pontevedra CF - Vilarreal e Barakaldo - Racing.
    Hoxe xoga o Racing en Castellón e o Celta Fortuna co Nastic en Tarragon, partidos de liga adiados.
    No Dépor, Yeremay comeza a facer traballo de grupo e Pablo Martínez recoñece como xusta a súa suplencia e gaba a Dani Barcia.
    30 min
  • Diario cultural 27-11-2024
    Falamos coa autora e escoitamos a obra, a derradeira das tres premiadas nesta edición de 'Escoitamos teatro.'
    Céspede artificial sitúanos no xardín dunha familia acomodada a onde van chegando varios gatos.
    31 min
  • Diario cultural 27-11-2024
    O Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol acolle ata o 5 de xaneiro a retrospectiva 'Dessassosegos 1970-2024' do artista Manuel Patinha.
    Manel Cráneo fala de museos de banda deseñada e fainos recomendacións para visitar centros deste tipo en Bélxica, California e Cataluña.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades