Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 21-11-2024
    Este venres 22 de novembro chega ás salas de cine o novo filme de Margarita Ledo Andión. 'Prefiro condenarme' parte da historia real dunha mariscadora da ría de Ferrol para falar de desobediencia, clase e desexo como chave da emancipación das mulleres.
    Tito Lesende pica hoxe avances dos próximos discos de De Ninghures e Candela Liste e música de Fantastic Negrito, que porá o ramo ao Outono Codax.
    31 min
  • O 'Cāldo' de Catuxa Salom
    Dous anos despois do EP 'Nunha aldea' Catuxa Salom publica o seu primeiro disco longo. 'Cāldo' reúne nove cancións que beben das músicas populares das dúas beiras do Atlántico, con envoltorio electrónico e sensibilidade ambiental.
    35 min
  • BD e ciencia: microalgas
    Manel Cráneo explica as vantaxes do uso do cómic para a divulgación científica. Un exemplo, a Triloxía Microalgas da autora Xulia Pisón, que acaba de recibir
    unha mención honorífica nos premios Prismas da Casa das Ciencias.
    12 min
  • A revista "Vida Gallega"
    Falamos de "Vida gallega" unha revista ilustrada moi popular en Galicia na primeira metade do século XX. Raquel explícanos cal era o seu contido e lembra ao seu fundador, Jaime Solá.
    11 min
  • Diario cultural 20-11-2024
    O Festival de Órgano de Vigo '8 pés' é un ciclo de concertos organizado pola Orquestra Clásica de Vigo e protagonizado polo órgano Lope Alberdi. A exposición 'Arqueoloxía do pequeno, arqueoloxía do invisible', organizada en colaboración co CSIC, amosa as posibilidades das novas tecnoloxías na investigación arqueolóxica.
    17 min
  • Diario cultural 20-11-2024
    Catuxa Salom preséntanos 'Cāldo', o seu primeiro álbum. 9 cancións que funcionan as músicas populares arxentinas e galegas coa electrónica, a conciencia ambiental e a vontade de facer bailar.
    Manel Cráneo fala da BD como vehículo da divulgación científica. Como exemplo, a Triloxía das Microalgas da autora coruñesa Xulia Pisón, que acaba de recibir un recoñecemento nos premios Prismas Casa das Ciencias.
    31 min
  • Arte e literatura
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Pintura escrita. Arte e literatura. Colección Abanca', que pode visitarse en Santiago ata o 7 de xaneiro.
    9 min
  • "O poder que camiña nas tebras"
    Dolores Vilavedra recoméndanos a lectura da novela "O poder que camiña nas tebras", da británica Lilian Anna Hamilton, traducida ao galego por María Alonso Seisdedos. A obra é unha intriga política ambientada en Afghanistán a principios do século XX. A autora exerceu alí como médica nesa época.
    10 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades