Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • "O corpo aberto" e "Escape"
    Moncho Lemos comenta “O corpo aberto”, de Ángeles Huerta, que xa se pode ver na plataforma da CRTVG Agalega.gal
    E das estreas en salas “Escape”, escrita, dirixida e coproducida por Rodrigo Cortés, baseada na novela homónima de Enrique Rubio.
    12 min
  • Onte á noite conquistei Tebas
    Mañá remata a rodaxe de Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín
    As termas de Bande son o escenario da historia duns mozos portugueses que cruzan a raia para bañárense nelas. Dous mil anos atrás están alí facendo o mesmo uns soldados romanos de idades semellantes. Trata do paso da adolescencia á idade adulta dende a óptica masculina, como salienta a produtora galega do filme, Beli Martínez.
    10 min
  • A crónica deportiva 31-10-2024
    Dia histórico para o San Tirso. Recibe en Riazor o Espanyol de Primeira División na primeira rolda da Copa de Rei. Falamos co seu central zurdo Pablo Vigo.
    O Castellón-Racing e o Valencia féminas- Deportivo, adiados por mor da DINA.
    O Racing visita en Copa ao Cuarte aragonés.
    O Celta pasa tras golear 1-5 ao San Pedro.
    30 min
  • Diario cultural 31-10-2024
    Coñecemos a programación da oitava edición de FFoco, festival de fotografía da Coruña. o 2 de novembro acolle actividades ao redor da fotografía documental na Fundación Luís Seoane e na Filmoteca de Galicia.
    Tito Lesende pica cancións de tres nomes imprescindibles da música galega actual: Grande Amore, Baiuca e Eladio Santos.
    31 min
  • Diario cultural 31-10-2024
    Mañá remata a rodaxe de Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín. Trata do paso da adolescencia á idade adulta dende a óptica masculina, como salienta a produtora galega do filme, Beli Martínez.
    Venres e sábado desenvólvese en Chantada unha nova edición do Castañazo Rock.
    E con Moncho Lemos comentamos "O corpo aberto", dispoñible de balde en AGalega.gal e a estrea en salas de "Escape", a última de Rodrigo Cortés.
    31 min
  • Festigual, cultura para todos
    Comeza na Coruña a oitava edición do Festigual, un festival que reivindica o acceso á cultura para todas as persoas.
    Do 30 de outubro ao 29 de novembro o encontro ofrece espectáculos de teatro, música e danza, exposicións e obradoiros participativos.
    18 min
  • Mares da fin do mundo
    Arranca en Ribeira a sétima edición de Mares da Fin do Mundo.
    Unha mostra internacional de cinema documental comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro artesanal que se alonga ata o domingo.
    A película inaugural, esta tarde ás cinco no auditorio, é “Remando a la deriva”, de Sarvnik Kaur.
    14 min
  • A crónica deportiva 30-10-2024
    O Pontevedra - Levante, adiado para o 7 de novembro ás 20h. Falamos co compañeiro de Apunt, Xavi Alberola, para saber da situación en Valencia e dos aprazamentos de partidos para os equipos afectados pola DINA.
    O Celta midese ao San Pedro.
    O Racing, con oito baixas, desprázase por estrada a Aragón para xogar mañá ante o Cuarte.
    O Baxi mídese en Estambul ao Galatasaray
    29 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades