Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 17-10-2024
    “Estamos ante un proceso creativo nunca visto” David Rodríguez, responsable de cultura da Fundación Barrié, que mañá inaugura a exposición Nick Knight: Roses from my Garden en primicia para España.
    A mostra, formada por medio cento de imaxes -algunhas inéditas- trae á Coruña a faceta máis íntima e descoñecida do fotógrafo británico, un dos máis influentes do mundo da moda.
    Moncho Lemos comenta “ La habitación de al lado”, a última e premiada película de Pedro Almodóvar.
    31 min
  • Dúas achegas á historia da BD en Galicia
    Manel Cráneo recomenda dous libros que expoñen as orixes da banda deseñada en Galicia. 'A historia do cómic en Galicia' de Octavio Beares fai un trazado xeral da BD no país
    e 'Os pioneiros da banda deseñada galega' de Xulio Carballo aborda especificamente a década de 1970.
    31 min
  • Federico Ribas
    Con Raquel C. Pico achegámonos á figura do vigués Federico Ribas, publicista histórico dos anos 20 e 30 do século pasado que chegou a ser o mellor pagado de España
    31 min
  • Mestres da memoria da AELG
    A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo, Camiño Noia, e mailo folclorista, coreógrafo e investigador, Quique Peón, recollerán este venres en Lugo os Premios “Mestre e Mestra da Memoria” que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega.
    Os premios recoñecen as súas achegas, ó longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e o saber popular.
    Camiño Noia botou anos dedicada á clasificación do conto galego de tradición oral. Peón, pola súa parte, fixo un extenso labor de recollida de campo, recuperando bailes, danzas, músicas, traxes e tradicións, especialmente desde o grupo Xacarandaina da Coruña.
    31 min
  • A crónica deportiva 16-10-2024
    Claudio Giráldez renova por dúas temporadas no RC Celta.
    No Dépor, Sergio Escudero lanza una mensaxe de confianza e paciencia. 
    No Rácing, Aitor Buñuel di non ter medo a dalo todo no céspede malia levar 4 placas de titanio na cara.
    O Pontevedra CF celebra hoxe o seu 83 aniversario.
    30 min
  • Diario cultural 16-10-2024
    Conversamos con Lara Dopazo Ruibal, que acaba de publicar o seu segundo libro de relatos. 'Contos gringos' leva o universo literario da escritora a Iowa, onde residiu durante dous anos.
    Manel Cráneo recoméndanos hoxe dous libros que falan da Historia da banda deseñada en Galicia.
    31 min
  • 'Contos gringos'
    Estes 'Contos gringos' naceron en Iowa, onde Lara Dopazo Ruibal realizou un máster en escrita creativa entre 2021 e 2023.
     A escritora marinense segue explorando os territorios do desacougo, o desconcerto e o sobrenatural, agora desde a condición de estranxeira.
    31 min
  • Diario cultural 16-10-2024
    A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñece como Mestra e Mestre da Memoria 2024 á catedrática de Literatura galega Camiño Noia Campos e ao folclorista Henrique Peón, polas súas aportacións ao longo dos anos “para manter viva a nosa memoria colectiva e o saber popular”.
    Recibirán os galardóns nunha gala en Lugo o venres pola tarde.
    Con Raquel C. Pico achegámonos á figura do vigués Federico Ribas, publicista histórico dos anos 20 e 30 do século pasado.
    31 min
  • Lula Goce, do mural ao lenzo
    Lula Goce, do mural ao lenzo
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Inner Garden' de Lula Goce, que pode visitarse na Galería Dupla de Santiago. 
    A muralista de Baiona, con obra repartida en espazos públicos de todo o mundo, leva o seu traballo en exteriores ao lenzo.
    31 min
  • Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego
    Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra. Este coruñés nado en 1972 foi escollido tras un concurso de méritos con máis de vinte candidaturas. 
    O seu propósito é conseguir aumentar os recursos económicos e humanos do Museo, recuperar todo o conxunto monumental de San Domingos de Bonaval e concluír a montaxe das novas salas de Historia, coa vista posta no 50 aniversario da institución, en 2027.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades