Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 15-10-2024
    España - Serbia ás 20:45 e España Sub 21 - Malta Sub 21 ás 17:00h.
    O San Tirso - RCD Español da Copa será en Riazor o 31 de outubro, ás 19:00h.
    O mediocentro do CD Lugo Alberto Vaquero fai balance dos 2 primeiros meses de competición.
    Lino López pide seriedade defensiva na cita europea en Brno
    30 min
  • Diario cultural 15-10-2024
    Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra.
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'Inner Garden', que a artista Lula Goce expón na galería Dupla de Santiago.
    31 min
  • Diario cultural 15-10-2024
    De como unha novela levou a un achado. A historia dos aneis dos nove bispos medievais soterrados en Santo Estevo de Ribas de Sil.
    Son catro aneis milagreiros dos que o xoieiro José Luis Ferreiro fixo unhas réplicas que se poden ver na sancristía. Os orixinais están a ser estudados no CSIC.
    Falamos con el e con Vania López, directora do  Centro de Conservación San Martín da Diocese de Ourense, que foi quen fixo a descuberta. Tamén coa escritora María Oruña, que levantou a lebre cunha novela publicada en 2020.
    Dolores Vilavedra comenta o ensaio “Economía e poesía. Rimas internas”, de Yolanda Castaño.
    31 min
  • Desvirgheitors e Cabodano
    Patty Castro segue descubríndonos a Galicia metaleira. Hoxe, con Desvirgheitors, banda de punk nada en Vigo en 1986
    e cos composteláns Cabodano, que este ano editaron o seu segundo disco, 'É mellor matarse'.
    31 min
  • Matemático Rodríguez
    O matemático José Rodríguez González, nado na parroquia lalinense de Bermés en 1770, está considerado o primeiro científico galego moderno. Designado Científico Galego do ano pola Real Academia Galega de Ciencias, diferentes iniciativas difunden esta figura excepcional. Entre elas, a exposición 'José Rodríguez, o matemático de Bermés'. que pode visitarse na Igrexa da Universidade de Santiago ata o 12 de novembro.
    31 min
  • Carabela
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Carabela, un cuarteto de Noia que fan música “diverxente”en galego. O sábado estarán na final dos premios Narf en Santiago
    31 min
  • A crónica deportiva 14-10-2024
    Idiákez, Pablo Vázquez e Nfulu, protagonistas tralo empate do Depor en Elx.
    Aitor Buñuel xa adestra co Rácing. Con máscara, pero a bo ritmo.
    O CD Arenteiro está en postos de "play off " de ascenso a Segunda División despois de gañar por 4 a 0 ao Nástic de Tarragona.
    30 min
  • Diario cultural 14-10-2024
    “Sorprendeume o éxito de As malas mulleres” Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa.
    “ Compatibilizar a escrita coa docencia é complicado” Andrea Maceiras, autora de LIX.
    Con elas celebramos o Día das Escritoras.
    Carlos Crespo tráenos hoxe a Carabela, un cuarteto de Noia que fan música “diverxente”en galego. O sábado estarán na final dos premios Narf
    31 min
  • Diario cultural 14-10-2024
    Lembramos o matemático José Rodríguez, designado Científico Galego do ano pola Real Academia Galega de Ciencias. Unha exposición na Igrexa da USC recorda a figura excepcional deste lalinense finado hai dous séculos.
    Patty Castro segue descubríndonos a historia da música metal galega, hoxe cos vigueses Desvirgheitors e os composteláns Cabodano.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades