Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 04-10-2024
    “Hai moita pegada galega en min, como a retranca”
    Rodrigo Cortés recibe esta noite a Calpurnia de honra do OUFF.
    O cineasta e escritor, de raíces ourensás, ten pendente de estrea a súa última película “Escape”, producida por Martin Scorsese..
    Afonso Becerra comenta L'èlisir d'amore, ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto de Felice Romani.
    30 min
  • Mulleres que viven soas
    O FIOT acolle a estrea de “Mulleres que viven soas”. Entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino na nova obra de Berrobambán
    17 min
  • Outono de estreas musicais
    Tito Lesende anticípanos os novos traballos de tres artistas galegos: León Benavente, liderados polo vigués David Cobas, Pablo Lesuit e mais RSK Emocional. 
    Despedímonos escoitando 'Perdón', a colaboración de Rivadulla con Berto.
    31 min
  • Curtocircuíto explora novas formas do audiovisual
    Conversamos con dous dos cineastas que participan na 21ª edición do Festival Curtocircuito. O ferrolán Alberto Gracia, director de filmes como 'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser' ou 'La parra' protagoniza a sección 'Terra'. A madrileña Laura Moreno Bueno compite na sección oficial 'Cosmos' coa peza 'Ulía'.
    31 min
  • Festival de Sitges
    Moncho Lemos viaxa a Barcelona para asistir ao Festival de Cine Fantástico de Sitges, que hoxe bota a andar con 'Presence' de Steven Soderbergh
    32 min
  • Terceiro acto. A volta trala pandemia
    Terceiro acto. A volta trala pandemia
    “Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria”
    O Centro Dramático Galego reestrea en Santiago a obra Terceiro acto, interrompida no seu día por mor do coronavirus, coa que percorrerá oito cidades.
    O elenco está formado agora por César Cambeiro, Belén Constenla, María Costas, César Goldi e Fernando Morán. Texto e dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez a partir de improvisacións cos intérpretes.
    32 min
  • Diario cultural 03-10-2024
    Conversamos con dous dos cineastas que participan na 21ª edición do Festival Curtocircuito: Alberto Gracia, protagonista da sección 'Terra' e Laura Moreno, que compite na sección oficial 'Cosmos' coa peza 'Ulía'.
    Tito Lesende anticípanos traballos de artistas galegos que se publican este venres. Soan cancións de León Benavente, Pablo Lesuit e RSK Emocional. Despedímonos escoitando a Rivadulla en colaboración con Berto.
    31 min
  • Diario cultural 03-10-2024
    Berrobambán estrea “Mulleres que viven soas”: as bruxas de Shakespeare, a sospeita social fronte a vidas que se afastan do habitual e o presente de moitas mulleres as súas escollas e as súas historias. E ademais a reestrea de “Terceiro Acto”
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades