O Centro Dramático Galego retoma a xira de Terceiro acto, interrompida no seu día por mor do coronavirus.
O elenco está formado agora por César Cambeiro, Belén Constenla, María Costas, César Goldi e Fernando Morán. Texto e dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez a partir de improvisacións cos intérpretes.
E con Moncho Lemos falamos do Festival de Cine Fantástico de Sitges, que hoxe bota a andar con 'Presence' de Steven Soderbergh