Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 30-09-2024
    Conversamos coa actriz Ledicia Sola, que presenta o seu primeiro proxecto como directora no marco do OUFF Lab. ´As augas`. E con Paulino Pérez, coordinador dos certames Fas Muvis e Fas Curtas, dirixidos a cineastas de menos de 30 anos.
    Patty Castro fálanos de Túzaros e Urko
    31 min
  • Galicia, un mar con historia
    "Boa parte das grandes transformacións que se deron na historia de Galicia veñen do mar". O historiador Isidro Dubert é o editor volume Galicia, un mar con historia sobre a importancia do mar e do litorial na historia de Galicia
    17 min
  • Diario cultural 30-09-2024
    A campaña arqueolóxica no Monumento Natural de Pena Corneira localizou un gran poboado romano e unha necrópole. Pero quizais o máis rechamante son os restos do Calcolítico que poden remontar a ocupación do lugar como mínimo hai 4.000 anos. Viaxamos ata alí con Vituco Neira.
    Carlos Crespo preséntanos a Tomás Porteiro, un cantante e compositor compostelán que ademais da súa carreira en solitario fai parte de bandas coma Sinestesia e Néboa
    31 min
  • XXIX OUFF
    O Ouff presenta a versión restaurada do filme Raíces de Carlos Velo. Comeza a 29 edicion do Ourense Film Festival.
    17 min
  • Avoas e cogomelos
    Avoas e cogomelos
    Eva Mejuto abre a temporada de cogomelos co libro Reino Fungi. Mundo entretecido, de Octavia Mosciatti e Loreto Salinas.
    Tamén lemos Quen precisa unha avoa? de Andrea Barreira Freije.
    31 min
  • Nace unha Mostra de Teatro en Bergondo
    Nace unha Mostra de Teatro en Bergondo
    A I Mostra de Teatro no Mosteiro quere ofrecerlle a esta comarca coruñesa unha cita anual co teatro. A Mostra nace do grupo amador local, Catro Gatos, que inaugura o evento o venres 27 de setembro coa súa versión de Río Bravo, o clásico que a compañía Chévere estreou en 1990. Conversamos co director da peza, Tone Martínez, e cun dos integrantes do elenco, Óscar García.
    31 min
  • A loba branca
    “ A loba Branca fala de vinganza e tamén de redención”. Brais González, compositor e director desta ópera galega.
    A música está inspirada nun relato de Vicente Risco que discorre no Courel. Ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e urbanas. Hoxe ás 19h no Principal de Ourense.
    31 min
  • A crónica deportiva 27-09-2024
    Doe a derrota do Celta co Atlético de Madrid. Claudio Giráldez :"perder é un castigo duro".
    Buscamos a última hora do Dépor, que xoga hoxe en Albacete.
    No Rácing, Cristóbal Parralo recoñece que urxe a primeira vitoria. Regresa David Castro.
    …………………………
    30 min
  • Diario cultural 27-09-2024
    O Ourense Film Festival (OUFF) abre  29ª edición. 60 filmes en distintas salas da cidade. O Festival de Ourense presenta nova sección OuffLab para os novos proxectos do cinema galego. E ademais Barullo, o novo disco de Baiuca.
    17 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades