Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 19-09-2024
    Conversamos con Chus Pato, Premio Nacional de Poesía polo seu libro 'Sonora', unha obra nacida da conmoción pola morte da nai.
    Nove galerías inauguran a temporada expositiva cunha apertura conxunta. ABERTO ofrece este ano mostras de artistas como Ánxel Huete, Lola Goce, Suso Basterrechea ou Iván Prieto.
    31 min
  • Diario cultural 19-09-2024
    Do 20 ao 28 deste mes desenvólvese en Vigo a oitava edición do Galician Freaky Film Festival na Praza Elíptica. Na sección oficial compiten 60 curtametraxes chegadas de 29 países. Conversamos con Juan de Castro, director do festival, que salienta as producións galegas e as homenaxes aos 40 anos de Terminator e Pesadelo en Elm Street. Tamén as dúas décadas da mítica Toxic Percebe.
    Moncho Lemos fálanos de dúas estreas de cine español.
    Puntos Suspensivos, dirixida por David Marqués, é un thriller que combina o mundo da literatura cosuspense psicolóxico
    Solos en la noche, de  Guillermo Rojas. Un grupo de avogados laboralistas agóchase nunha casa cando se produce o golpe de Estado do 23-F.
    31 min
  • Chus Pato, Premio Nacional de Poesía
    Chus Pato, Premio Nacional de Poesía
    Conversamos coa escritora ourensá na tarde na que se lle concede o Premio Nacional de Poesía polo seu libro Sonora, nacido da conmoción pola morte da nai. 
    Pato convértese na quinta poeta en lingua galega recoñecida con este galardón que na edición anterior recibira Yolanda Castaño.
    31 min
  • O anxo que nunca fun
    "Hai cousas moi sorprendentes para min mesmo" M. Outumuro revisa a influencia dos recordos da infancia na súa obra.
    O fotógrafo inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun"
    17 min
  • O metal submariño de Urko
    Urko é un trío compostelán de metal que reivindica desde o seu nome o mito do can do mar, e con el, a música subterránea. 
    Acaban de publicar o seu primeiro EP, 'Capítulo I: Retorno do abisal', que presentan en directo en Santiago o 28 de setembro.
    30 min
  • A cincenta que non quería comer perdices
    Sarabela Teatro preestrea ‘A cincenta que non quería comer perdices’ no Teatro Principal de Ourense cun pase para escolares.
    A obra busca desmontar os falsos mitos do amor romántico a partir da historia escrita por Nunila López Salamero con dramaturxia e dirección de Fina Calleja. Falamos con ela e tamén co actor Fernando Calleja da necesidade de rachar cos estereotipos de xénero.
    31 min
  • A crónica deportiva 18-09-2024
    Na Liga de Campións, PSG - Girona. Luís Enrique e Míchel, dous estilos moi parecidos.
    No Deportivo, Lucas Pérez asegura: "preocupación cero" polo mal arranque na liga.
    No Rácing, Moi Delgado será o substituto do mancado Brais Martínez de 6 a 8 semanas.
    Ana Peleteiro deixa Guadalajara e a Iván Pedroso para regresar a Ribeira e adestrar co seu home Benjamin Campaoré.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades