Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 18-09-2024
    Escoitamos o primeiro EP de Urko, un trío compostelán de metal que se estrea con 'Capítulo I: Retorno do abisal'.
    Manel Cráneo explora a relación entre banda deseñada, cadros e obras pictóricas.
    30 min
  • Diario cultural 18-09-2024
    Sarabela Teatro preestrea ‘A cincenta que non quería comer perdices’ no Teatro Principal de Ourense cun pase para escolares.
    A obra busca desmontar os falsos mitos do amor romántico a partir da historia escrita por Nunila López Salamero con dramaturxia e dirección de Fina Calleja. Falamos con ela e tamén co actor Fernando Calleja da necesidade de rachar cos estereotipos de xénero.
    E con Raquel C.Pico achegámonos á memoria olfativa do século pasadp
    31 min
  • Diario cultural 18-09-2024
    Manuel Outumuro inaugura en Ourense a exposición "O anxo que nunca fun", unha revisión das pegadas da infancia na súa obra. En paralelo abre en A Merca a mostra "Mulleres de outros mundos". E ademais a estrea de Sarabela
    17 min
  • Os mortos que amei
    Dolores Vilavedra comenta “Os mortos que amei”, de Iria Collazo . Unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós,
    31 min
  • O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón
    O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón. Do coleccionismo ao museo Deica o 10 de novembro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Falamos con Erea Castro Alfonso, a comisaria desta exposición: “Era un adiantado na conservación de patrimonio galego”.
    31 min
  • A crónica deportiva 17-09-2024
    O Uni Ferrol viaxa a Italia coa ilusión do debut na EuroCup.
    Comeza a Liga de Campións co novo formato de liguiña. Hoxe Real Madrid - Stuttgart.
    Adestramento matinal no RC Deportivo con Yeremay á marxe.
    O Básquet Coruña inaugura hoxe o Coliseum cun amigable co Porto.
    Os galegos Martín Fernández e Santi Paz presentados no Club Ourense Baloncesto.
    30 min
  • Diario cultural 17-09-2024
    O Consello da Cultura Galega presenta Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición un documental sobre o rexurdir da zanfona nas décados dos anos 70 e 80.
    17 min
  • Diario cultural 17-09-2024
    O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón. Do coleccionismo ao museo Deica o 10 de novembro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Falamos con Erea Castro Alfonso, a comisaria desta exposición: “Era un adiantado na conservación de patrimonio galego”.
    Escoitamos “Pedindo perdón” de Tanxugueiras.
     Dolores Vilavedra comenta “Os mortos que amei”, de Iria Collazo . Unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós,
    31 min
  • De Suíza ao Vietnam
    Recuperamos varias novelas contemporáneas publicadas en galego nos últimos meses. Desde De porteiro xoguei eu, do suízo Pedro Lenz, escrita nun dialecto do alemán e vertida ao galego por Laureano Araújo a Somos un pestanexo radiante na Terra, do estadounidense vietnamita Ocean Vuong e traducida por Antía Veres Xesto. E tamén dúas novelas penisulares: Mamut, da catalá Eva Baltasar e mais As nais non da vasca Katixa Aguirre, traducidas por Isaac Xubín.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades