Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 06-09-2024
    Falamos da XII edición de Cidade Imaxinaria coa xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e un dos artistas participantes. A cita, de balde e para toda a familia, é mañá de 16 a 20hno Gaiás.
    Con Ana Romaní imos ata o Pazo da Ópera da Coruña, que o domingo arranca temporada con La Bohème.
    E Afonso Becerra cóntanos ANÖA, un espetáculo de danza da compañia da coreógrafa Elvi Balboa
    31 min
  • Diario cultural 06-09-2024
    Visitamos en San Sadurniño a novena edición do Chanfaina Lab, un festival de cine ao que non se vai a ver películas, senón a facelas. 
    Eva Mejuto volve traernos lecturas para todas as idades. Hoxe, a tradución galega de Heartstopper, o best-seller xuvenil da británica Alice Oseman e mais Ferreñas e rock and roll, de Laura Romero e Iria Pedreira.
    31 min
  • Baiuca e Carlangas soben ao monte Viso
    Tito Lesende tráenos hoxe a última colaboración de Baiuca e Carlangas, 'Monte Viso', que formará parte do próximo álbum do músico de Catoira. 
    Escoitamos tamén novas pezas de grupos que actúan en directo nos últimos festivais do verán: 'Pedindo perdón' de Tanxugueiras e 'Ahí estás' de Amaral.
    31 min
  • Flores no FIC Bueu
    As flores do cine de Jonas Mekas son o leit motiv da 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Bueu. Ademais da retrospectiva deste cineasta experimental, o FIC Bueu proxectará 29 curtametraxes de 18 países na sección oficial. Na súa primeira fin de semana o certame acolle unhas dedicadas este ano a reflexionar sobre a relación entre ciencia e cinema, coa presenza do director Jaime Rosales, e un coloquio sobre o son no cinema no que participan Rodrigo Cortés e Juan Gómez-Jurado.
    31 min
  • Dúas estreas españolas
    Moncho Lemos tráenos dúas estreas para a fin de semana:
    - “El 47”, de Marcel Barrena. A historia real dun acto de disidencia pacífica e o movemento veciñal de base que en 1978 transformou o extrarradio de Barcelona para sempre.
    -”Estación Rocafort”, de Luis Prieto. Terror paranormal nunha estación de metro.
    31 min
  • Justicia Artificial
    “É un thriller político”
    O coruñes Simón Casal preestrea hoxe na cidade herculina a súa última película “Justicia artificial”, que xira en torno á introdución da IA na Xustiza.
    31 min
  • A crónica deportiva 05-09-2024
    Damián Rodríguez fala trala renovación co RC Celta ata o 2028.
    Esgotados os 500 billetes para acompañar o RC Deportivo aos Cármenes.
    Presentado o arxentino Juan Gauto.
    No Racing Club Ferrol, Bebé xa adestra co grupo. O centrocampista Álvaro Sanz pide paciencia cos resultados.
    A SD Compostela presenta ao centrocampista Fer Cano e ao dianteiro estremeño Carlos Cinta.
    30 min
  • Diario cultural 05-09-2024
    O coruñes Simón Casal preestreaa hoxe na cidade herculina a súa última película “Justicia artificial”, que xira en torno á introdución da IA na Xustiza.
    Con Ana Romaní imos a Verín para o festival de curtas.
    E Moncho Lemos tráenos dúas estreas para a fin de semana: El 47 e Estación Rocafort
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades