Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 04-09-2024
    Debullamos a programación do festival HerDanza, que leva espectáculos de artes de movemento a diferentes espazos de Santiago de Compostela. E percorremos tamén as propostas do Festival de curtametraxes de comedia RIR, en Allariz.
    Ademais dámoslle a benvida a Manel Cráneo, que cada mércores nos falará de banda deseñada.
    31 min
  • Arte e fantasía
    Mónica Maneiro comenta a exposicion 'A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía', que pode visitarse no Museo de Pontevedra ata o 29 de setembro
    31 min
  • O xogo de Escher
    «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción, unha novela curta coa que Manuel Esteban se adentra na metafísica e nos propón xogarnos a vida cun computador en diferentes momentos da Historia
    31 min
  • As primeiras da lista
    Son os artistas galegos con máis actuacións en concertos e festivais dunha escena bulideira sen precedentes.
    Coñecémolos un pouco mellor falando con eles.
    -Fillas de Cassandra é un dúo musical formado en 2022 por dúas coruñesas, María SOA e Sara Faro. A súa música baséase na tradición oral, o feminismo, a mitoloxía grega e a electrónica.
    -The Rapants é unha banda de indie e garage formada en Muros en 2018 . Nas súas propias palabras fan “un guiso de estilos”. Confórmano Xanma, Samuel, Xaquín e Matías.
    -Mondra é artista, cantareiro e bailador. Martín Mondragón, de Recesende (Teo) fusiona o tradicional coa electrónica. “
    31 min
  • A crónica deportiva 03-09-2024
    Dobre fichaxe no Racing Club Ferrol: Bebé e Róber Correa.
    Marco Garcés analiza o mercado de fichaxes. " A Iago Aspas ofrézolle 20 anos para que non me saque o posto"
    O Dépor trae un novo axudante para a dirección de fútbol, Antonio Méndez.
    Álex Galán presentado no Obradoiro.
    30 min
  • Novidades literarias do outono
    Manuel Rivas volve ás librarías esta semana coa novela 'Tras do ceo'. Esta 'rentrée' literaria tamén nos traerá obras de Xosé Luís Méndez Ferrín, Eva Moreda, Annie Ernaux ou Irène Némirovsky.
    31 min
  • Diario cultural 03-09-2024
    O Congreso Internacional de Socialización do Patrimonio no Medio Rural, SOPA, pon a vida no centro. E ademais  o verán de Fillas de Cassandra, The Rapants e Mondra
    17 min
  • Diario cultural 03-09-2024
    Fillas de Cassandra, The Rapants e Mondra son os primeiros da lista. Os que máis concertos levan dados este verán. Falamos con eles.
    Dolores Vilavedra tráenos unha novela distópica : "O xogo de Escher", de Manuel Esteban
    31 min
  • Diario cultural 03-09-2024
    Repasamos as novidades narrativas que as editoras galegas preparan para este outono. Esta mesma semana chega ás librarías 'Tras do ceo', o retorno de Manuel Rivas á narrativa para público adulto.
    Mónica Maneiro comenta a mostra 'A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía', aberta no Museo de Pontevedra ata o 29 de setembro
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades