Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Pioneiros da Galiza Metálica
    A música e divulgadora Patty Castro descóbrenos na súa colaboración a historia e o presente da música metal en Galicia.
    Hoxe, os pioneiros lugueses Épsilon e mais un grupo actual, Brutal.
    31 min
  • Carlos Montero está de estrea
    Falamos co escritor, director e guionista de Celanova da súa última produción, Respira. A serie que emite Netflix dende o venres pasado posicionouse entre as máis vistas da plataforma. Carlos Montero asegura que o audiovisual galego está moi recoñecido no sector
    30 min
  • A crónica deportiva 02-09-2024
    A viguesa Susana Rodríguez Gacio acada o ouro en París no paratríatlon olímpico.
    Fernando Soriano confirma que David Mella rexeitou xogar na Premier League por seguir no Deportivo.
    O Racing Club Ferrol busca reforzos, e Bebe, ex do Raio Vallecano, está na axenda.
    31 min
  • Diario cultural 02-09-2024
    Miguelanxo Prado preséntanos a súa última BD, o policial 'Presas fáciles. Voitres', no que recupera os inspectores Tabares e Sotillo, nun caso sobre unha rede de pornografía infantil.
    Patty Castro estrea colaboración sobre o metal galego cos pioneiros Épsilon e un grupo actual, Brutal
    31 min
  • Diario cultural 02-09-2024
    Arrancamos temporada falando con Carlos Montero. O escritor, director e guionista de Celanova acaba de estrear en Netflix a súa última serie; Respira.
    Vituo Neira adianta as citas culturais da semana.
    E con Carlos Crespo descubrimos cada luns músicas emerrxentes, coma Los Imperfectos
    30 min
  • Miguelanxo Prado recunca no policial
    Desde a torre Hercón na Coruña, un dos espazos da cidade que aparece nesta BD, Miguelanxo Prado preséntanos 'Presas fáciles. Voitres', un cómic
    de xénero negro no que recupera os inspectores Tabares e Sotillo para investigar unha rede de pornografía infantil.
    31 min
  • Internationale Tanzmesse de Düsseldorf,
    Representantes de cinco compañías coprodutoras e distribuidoras de danza galegas asisten á Internationale Tanzmesse de Düsseldorf, o maior encontro profesional do mundo en danza contemporánea.
    Falamos con una deles, Kirenia Martínez
    2 hr 59 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades