Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 23-07-2024
    En véspera dos Xogos Olímpicos, o escritor Manuel de Castro publica “A historia non contada de Jesse Owens e Luz Long”. O libro narra o papel de Owen, un atleta estadounidense negro, que foi quen de obter 4 medallas de ouro grazas a axuda de Long, un deportista de raza aria que era o orgullo do rexime de Hitler.
    Conversamos con Manuel de Castro sobre os dous atletas protagonistas, da súa historia de amizade e compromiso e das consecuencias daquel encontro.
    O medievalista Miguel García-Fernández das mulleres que percorreron os camiños a Compostela durante a Idade Media. Por devoción, na procura de milagres ou mesmo por obriga, algunhas viaxaron de países moi afastados.
    31 min
  • Diario cultural 23-07-2024
    Roberto Sobrado vén de publicar 'Monstro delicado', un novo traballo co que o cantautor do Carballiño navega entre influencias como o blues, o rock, o pop ou a electrónica. Todo isto, mesturado coas voces de poetas amigos.
    Vicente Feijoo tráenos un feixe de curiosidades de topónimos, desta volta, cóntanos que é a litonimia.
    31 min
  • Diario cultural 22-07-2024
    A nosa plataforma AGALEGA.GAL emite a webserie "San Simón, a colonia penitenciaria", que afonda no tráxico pasado desta illa como un dos maiores campos de concentración e exterminio de presos republicanos tras o golpe de Estado protagonizado por Franco.
    6.000 presos pasaron por esta colonia; moitos deles desapareceron.
    Conversamos co director Miguel Ángel Delgado, e con Andrea Vázquez, da produtora Miramemira, sobre esta webserie e sobre o filme que están a piques de rematar sobre a historia máis dura de San Simón.
    A nosa experta en lendas e tradicións, Sole Felloza, fálanos das pegadas do cabalo de Santiago e do mal das pías.
    31 min
  • Diario cultural 22-07-2024
    A Arca da Noe fai este ano unha década de actividade cultural cun histórico de máis de mil concertos programados no rural ourensán. Dende Vilar de Santos, na comarca da Limia, a Arca converteuse nun dos puntos imprescindibles das xiras dos nosos artistas. Da súa historia, das celebracións deste décimo aniversario e do futuro da Arca da Noe falamos con Noemí Vázquez, a súa impulsora.
    Tamén pasará polo estudio Luís Miguel Crespo para falarnos dese concerto tan especial da Real Filharmonía de Galicia nas festas do Apóstolo.
    31 min
  • "Dende a primeira secuencia namoreime del"
    O mundo da cultura e milleiros de espectadores despídense de Xavier Deive,
    un actor curtido no teatro, no cine e nas series de televisión. Foi interprete nas series máis destacadas da TVG: Mareas Vivas, Pratos Combinados, Serramoura, Matalobos…
    O seu amigo e compañeiro Luís Iglesia considerao “un actor marabilloso, currante e obsesivo”. Con él conversamos da personalidade, do traballo e da traxectoria de Deive, falecido ós 54 anos.
    10 min
  • Arranca o MIT Ribadavia
    Afonso Becerra vai achegarnos as novidades nas artes escénicas, hoxe co foco posto na Mostra Internacional de Teatro que comeza en Ribadavia.
    9 min
  • A crónica deportiva 19-07-2024
    Borja Iglesias regresa ó RC Celta, cedido polo Real Betis.
    O Racing Club Ferrol presenta a campaña de abonados cunha suba do vinte por cento.
    O CD Lugo presenta a Raúl Hernández, procedente do Fuenlabrada, e a Jon Ceberio, do Intercity.
    O Pontevedra CF arrinca o curso coa presentación do secretario técnico Jacobo Maestre.
    30 min
  • Diario cultural 19-07-2024
    O mundo da cultura despide a Xavier Deive, un actor curtido no teatro, no cine e nas series de televisión. O seu amigo e compañeiro de profesión Luís Iglesia lembra a personalidade, o traballo e a traxectoria dun interprete que pasou polas series máis importantes da TVG.
    O Atlántic Fest reúne esta fin de semana en Vilagarcía a músicos internacionais, como Mika, grupos consagrados, como Los Planetas, e bandas emerxentes de Galicia. Conversamos co seu director, Toño Caneda, sobre un festival “diferente” centrado na música indie e alternativa.
    O noso especialista nas artes escénicas, Alfonso Becerra, fala sobre o festival de danza Abanea e a edición 40 da Mostra de Teatro de Ribadavia.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades